A portavoz nacional, Ana Pontón, considera que a proposta do presidente do Partido Popular ademais de “vella” é propia de quen cree que vai ter un mal resultado electoral nos comicios do 28 de maio e, por tanto, quere cambiar as regras do xogo.
“A sensación que da é que ao Partido Popular non lle dan as contas, cree que non lle vai ir ben nas próximas eleccións municipais e quere cambiar as regras de xogo”, destacou a líder do BNG a preguntas dos medios, quen tamén valora que a proposta de Feixóo amosa que o PP “ten un problema coa democracia, porque ós alcaldes e ás alcaldesas son elixidas polas corporacións municipais, un método perfectamente lexítimo, e o que pretende o PP e que goberne unha minoría e non unha maioría que elixe a cidadanía”, explicou.
“Non entendo lle molesta ao Partido Popular que gobernen as maiorías, supoño que o señor Feixóo está nervioso porque ve que o seu liderado fai augas e cree que nas municipais non lle vai ir ben”, argumentou.