Montse Prado pide dialogo real entre Xunta e colectivos que presentaron alegacións para mellorar a nova RISGA

Montse Prado
Montse Prado

Reclama unha Renda de Integración Social  Galega “digna, suficiente, accesible e eficaz” e que o goberno pase das palabras ao feitos iniciando un diálogo cos colectivos para mellorar o decreto

A deputada do BNG, Montse Prado formulou hoxe unha pregunta parlamentaria ao goberno en Comisión  sobre as medidas que debe tomar a Consellería de Política Social a respecto do desenvolvemento do decreto  da RISGA e axudas por exclusión social.

A parlamentaria explicou que despois do mes de decembro do 2013 coa publicación da lei da RISGA establecendo un prazo de seis meses  para a súa aplicación, diversos colectivos sociais demandaban que o decreto fora unha realidade e o goberno  respondían que pronto entraría en vigor pero tras facer publico o borrador algunhas entidades presentaron alegacións coas que a Xunta se comprometeu para abrir un debate sobre políticas sociais. A realidade, sen embargo  foi outra e despois dun retraso de tres anos e medio  “ o 3  de agosto, en pleno verán, sen ningunha interlocución publican no DOG que o decreto se someterá a exposición  pública”  cun escaso período de 15 días para presentar alegacións.

Esta situación, dixo a deputada, impediu que non foran debatidas as suxestións realizadas polos diferentes colectivos e quedaran sen  recoller as súas demandas. Polo contrario, dixo, vostedes  manteñen a discrecionalidade, alugueiros insuficientes, unha soa RISGA por domicilio a pesar das sentencias xudiciais contra esta medida por non suxeitarse a dereito, e  seguen non modificaron  a contía de 403,38 euros ao mes e a  axuda de 54 euros para o alugueiro, cantidades, en opinión da nacionalista,  “ mi insuficientes”. Por outra parte, tamén aludiu ao grande incremento de risco de exclusión social en Galiza que cifrou en “máis de 600 mil persoas das que 506 mil viven en  risco de pobreza severa, 65.000 con carencia material severa e o 12% da poboación  en fogares con baixa intensidade no traballo”.

Trala resposta do Director de Inclusión Social, Antonio Parrado, a deputada pediu incluír no novo decreto as demandas dos colectivos que presentaron alegacións  e que o goberno  abandone o “intercambio burocrático” establecido pola normativa. “Pase de ofrecer dialogo a que ese dialogo sexa unha realidade, pase das palabras aos feitos”, reiterou a deputada.

Prado lamentou que o decreto sega recollendo medidas insuficientes para garantir que as persoas afectadas conten con axudas dignas e manteña condicionantes que impiden compatibilizar  RISGA e inserción laboral. Queremos unha RISGA que non precise contratar un avogado ou avogada para resolver os tramites e non perder dereitos, queremos unha RISGA que non sexa “unha trampa” e se converta  nunha perda de dereitos.

 
 
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG