Mohamed Abdelaziz, sempre na nosa memoria!

Mohamed_AbdelazizDiante do pasamento no día de hoxe de Mohamed Abdelaziz, Presidente da República Árabe Saharauí e Secretario Xeral do Frente Polisario, o Bloque Nacionalista Galego manifesta o máis profundo pesar e quere trasladar as condolencias á súa familia, ao pobo saharauí e o Frente Polisario.

Mohamed Abdelaziz foi fundador do Frente Polisario e desde 1976 o seu Secretario Xeral e Presidente da RASD. Líder do pobo saharauí durante catro décadas, na súa loita contra a ocupación ilegal de Marrocos do Sahara Occidental, pola súa soberanía e polo dereito a decidir o seu futuro en liberdade e nos territorios ocupados por Marrocos desde hai máis de 40 anos.

O BNG quere solidarizarse nestes difíciles momentos co pobo saharauí e co seu lexítimo representante o Frente Polisario. Reafirma o seu compromiso incondicional coa súa causa e expresa o seu convencemento de que a loita contra o ocupante e pola autodeterminación e independencia do Sahara Occidental, ás que adicou Mohamed Abdelaziz, toda a súa vida, empeño e compromiso vai seguir con toda firmeza e convicción e esa será a mellor maneira de honrar a súa memoria.

Viva o Sahara Libre!

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG