Galegas 2020

Mini Rivas pide en Oroso concentrar todo o voto no BNG o vindeiro 12X para que se produza o cambio que Galiza necesita

Acto Oroso
Acto Oroso
Reafirma o compromiso do BNG cos servizos públicos e con políticas que devolvan a Galiza o pulo industrial, un monte ordenado e vivo e un futuro que o Partido popular está hipotecando 
O candidato do BNG pola provincia da Coruña, Xosé Luís Rivas pide “concentrar todo o voto no BNG para que Galiza inicie o cambio político”.

No mitin celebrado en Oroso, Rivas reafirmou o compromiso do BNG cos “servizos públicos” e políticas que devolvan o pulo industrial perdido nos últimos 11 anos de xestión Feixóo.

O candidato nacionalista asegurou que o “BNG dende o goberno da Xunta” impulsará “un monte ordenado e vivo” contrario o deseño do Partido popular. “Poremos a producir, dixo, 170 mil Hac abandonadas e daremos ao monte galego carácter multifuncional e diverso” con beneficios que revertan en todos nós e non só a grandes empresas como ENCE que condena o noso territorio ao “monocultivo do eucalipto” e impide que outras variantes se desenvolvan. Dende o goberno, reiterou Mini, impediremos que á hora de implantar éolicos só se teña en conta o proxecto das empresas porque o aire é noso e debemos decidir sobre el. A enerxía, engadiu, tamén é nosa e por iso poremos en marcha “unha tarifa eléctrica” para que se beneficien as familias e empresas e preguntou como é posible que en Galiza sigamos pagando a luz máis cara sendo un país excedentario en enerxía?.

Tras enviar o apoio a todas ás familias das vítimas da COVID-19 asegurou que a crise económica que se albisca non é só produto do virus, é “consecuencia das malas políticas do Partido popular” que conduciu a Galiza á “irrelevancia política” por iso é tan necesario iniciar un novo tempo da man do BNG. Nós, aseverou, “non somos sucursal de ningunha forza estatal” e cando gobernamos “damos a cara por todos os galegos e galegas”, porque ese é “o noso único compromiso”.Temos un pobo rico, insistiu o que acontece, explicou é que as políticas dos que nos gobernan non permiten que a nosa industria sexa competitiva, obrigan a mocidade mellor formada dos últimos tempos a emigrar para buscar fóra un proxecto de vida, como din os mariñeiros a sardiña non cabe no mar e nós con cotas ridículas, o ensino público pasa por grandes dificultades e na sanidade pública os recortes e privatizacións son continuos. Esta situación, remarcou, ten que acabar o 12 de xullo cun BNG no goberno para defender  o dereito a unha pensión e unha vellez digna, unha sanidade pública e universal, un ensino sin recortes, un tecido industrial forte e competitivo, un medio ambiente sen ataques á natureza e un medio rural no que se poda vivir e traballar de maneira digna. Todo isto é posible porque “outra Galiza é posible” e ninguén, recalcou o candidato nos vai levar á realidade do NO-DO en branco e negro. No BNG defendemos a luz e “as cores do arco iris” e soñamos con esa nova Galiza cunha presidenta feminista e nacionalista, Ana Pontón e podo asegurar, “que ninguén nos vai roubar un soño que será realidade o vindeiro 12 de xullo.”

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG