Galegas 2020

Mini e un grupo de estudantes da USC analizan os factores e consecuencias dos incendios en Galiza do ano 2006 a 2017

Mini con estudantes da USC
Mini con estudantes da USC
O candidato do BNG por A Coruña destacou  a xestión política do BNG no Goberno bipartito e a elaboración dun  deseño sostible do  monte e de  terras produtivas, iniciativas paralizadas polo Partido popular dende hai  11 anos

O candidato do BNG por A Coruña, Xosé Luís Rivas mantivo un encontro cun grupo de estudantes da Universidade de Santiago de Compostela para analizar a xestión política dos incendios durante os anos 2006 e 2017, un traballo en elaboración por parte dos  alumnos de  Grao da Facultade de Ciencias políticas e Administración na materia de Análise estratéxica e toma de decisións.

O nacionalista asegurou que “os incendios non se apagan cun gran número de bombeiros” é necesario iniciar plans de prevención contra as vagas de lume. Rivas recalcou que o BNG aposta por un “monte multinacional e sostible” polo que a  súa ordenación é vital. O monte, dixo “non é un territorio forestal”, é lecer, gandeira extensiva, cogomelos, castañas, abeleiras ... pero tamén, afirmou  dentro desta ordenación está o  futuro dunha sociedade  moderna que vai esixir biodiversidade para facer fronte a desafíos como o coranavirus e futuras enfermidades . “Só cun territorio equilibrado medioambientalmente e  biodiverso ás técnicas futuras terán recursos”.

 Para o candidato do BNG, os incendios son resultado dunhas políticas do Partido popular  caóticas en beneficio e   ordenadas por ENCE e GRENALIA. Dentro da biodiversidade, as madeiras de calidade e especies autóctonas deben ser prioritarias polo seu maior  rendemento económico e medioambiental. O PP, aseverou, Xosé Luís Rivas,  “xoga todo a un servizo de extinción caótico” cando a política forestal debe seguir a senda de garantir as vidas e bens antes que apagar o lume. Non hai máis saída que a ordenación do monte en “mosaico”, con masas arbóreas de distintas especies que ralentícen o lume xunto a espazos de pastos.

O servizo de Incendios, engadiu, debe ser “homoxéneo, con formación, áxil na detección e rápido na intervención”. Rivas apelou a recuperar algunhas das iniciativas postas en marcha polo BNG no ano 2005 para poñer en valor o monte e convertelo nun motor económico e sostible.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG