Jorquera cualifica de "operación de propaganda" o Plan Estratéxico 2015-2020

Francisco Jorquera, novo presidente da Fundación Galiza Sempre.

O portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera cuestionou o crecemento por riba do 2,5% do PIB e a creación de máis de cen mil empregos anunciados polo conselleiro de Facenda cando en realidade, “Galiza diverxe 11 puntos a respecto do Estado español e a Unión Europea”

Intervención de Francisco Jorquera

 Pleno.- Trala comparecencia do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez que presentou as propostas do Plan Estratéxico de Galiza 2015-2020, o portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jorquera cualificou o Plan de nova “operación de propaganda ás portas do remate da lexislatura”.

O Plan explicou, establece entre outros obxectivos: medrar por riba do 2,5 do PIB, crear máis de 100.000 novos empregos e reducir en 100.000 ás persoas en risco de pobreza, ademais de converxer 8 puntos coa Unión europea e 5 con España, sen embargo dixo o nacionalista, o anterior Plan 2010-2014 fixaba como obxectivo que o PIB per capita de Galiza representara o 95% do da Unión europea no ano 2014 pero segundo as contas económicas rexionais de EUROSTAT, “retrocedeu ata o 80%” e produciuse unha desviación de “11 puntos” a respecto da Unión europea e o Estado español.

Propostas de resolución do BNG

O deputado defendeu que para que o plan sexa críbel as políticas públicas deben ir acompañadas de medidas concretas e dotación económica que as fagan posíbeis. Nese camiño, recalcou, van as nosas propostas. No plan apóstase por acadar un modelo de crecemento baseado na innovación e no capital humano pero para acadar esta meta é preciso un modelo con “forza laboral ben formada e remunerada” o que resulta incompatible cunha estratexia baseada na “precarización das condicións laborais” e sobre todo, cos recortes en educacións e investigación.

Ana Pontón e Jorquera no escaño

Jorquera propuxo elevar o gasto en I+D+i co fin de acadar o 3% do PIB no máximo de 8 anos e elaborar un plan que permita o gasto en educación do 7% do PIB así como un investimento mínimo do 1,4 no sistema universitario ata chegar a media europea no ano 2020.

O deputada afirmou que para crear máis e mellor emprego e incrementar a produtividade, é preciso rematar cunha lexislación laboral que favorece a degradacións das condicións laborais, neste sentido apuntou que é o BNG propón modificar a lexislación para fomentar a estabilidade no emprego de calidade con apoio a conciliación e corresponsabilidade, sen fendas de xénero e crear un paquete de medidas en materia de emprego xuvenil e feminino.

 Enerxías renovables, sector leiteiro, desafiuzamentos

Sobre o sector das enerxías renovables, o portavoz parlamentario destacou o grande potencial de Galiza nesta materia destacando ademais que reducen a dependencia enerxética e teñen un menor custe ademais de contribuír ao cambio de modelo de crecemento polo que criticou que o Goberno galego “aplaudira o parón das renovables e a penalización do autoconsumo eléctrico decretado polo Goberno central”. As súas políticas, remarcou, “provocaron a parálise e perda de liderado do noso sector eólico.

Intervención de Francisco Jorquera

O deputado tamén se referiu a outras propostas de resolución ao Plan Estratéxico 2015-2020 presentadas polo BNG relativas a: impulsar o medio rural e concretamente o sector leiteiro, desenvolver un plano estratéxico para recuperar o marisqueo e pesca de baixura, impulsar unha política de aproveitamento “multifuncional” do monte, así como políticas contra os desafiuzamentos.

 Finalmente, Jorquera aludiu as propostas en materia crediticia, industrial, de infraestruturas, ordenación do territorio e medio ambiente, lingua e cultura acompañadas de medas e dotación orzamentaria e cunha orientación das políticas públicas en liña cos obxectivos que se enuncian.

O debate das propostas de resolución ao Plan estratéxico de Galiza 2015-2020 continuará mañá o seu trámite na Cámara galega.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG