O candidato do BNG ao Congreso dos Deputados por Ourense, participou da presentación de candidatura da formación en Allariz. A candidata á alcaldía, Cristina Cid aspira a seguir outros catros anos na alcaldía da localidade cunha candidatura que mestura experiencia e renovación. Tabarés negouse a pensar na posibilidade de que a mocidade teña que emigrar, “quero que teñan a opción e a posibilidade de vivir e traballar en Ourense”.
O candidato ao Congreso por Ourense afirmou que “nun escenario sen maiorías absolutas, Galiza ten que ter voz en Madrid para incidir e condicionar as políticas do Estado Español”. Continuou apelando ao espírito do concello de Allariz, que un día decidiu facer un parón e coller impulso da man do BNG para converterse nunha vila transformadora e en alza.
“Mentres o Euskadi, con forzas propias, consegue transferencias coma o seguro escolar, a lexislación de produtos farmaceuticos ou a concesión de autoestradas, os gobernos do PP e o PSOE, néganlle todas as competencias a Galiza e a Ourense” resalta o candidato Iago Tabarés. Continuou expoñendo que as inversións para Ourense no proxecto de orzamentos de Pedro Sánchez, co beneplácito de En Marea, foi un 27% inferior aos anteriores orzamentos. “Aquí podemos comprobar que os intereses de Galiza e de Ourense non estaban na axenda estatal” sinalou Tabarés.
O candidato apelou ao verdadeiro voto útil para os galegos e galegas: o voto ao BNG. Porque servirá para frear os recortes da dereita e o avance do fascismo, coa derrogación da Lei Mordaza e a Reforma Laboral ademais de garantir a independencia do poder xudicial e garantir a pervivencia dos servizos públicos. Asemade, tamén “servirá para poñer en valor os nosos sectores produtivos de Galiza e que vertebran o territorio” indica Tabarés. Finaliza apelando ao voto para o BNG, seguindo o exemplo de Allariz para marcar o inicio dun futuro novo para Allariz, Ourense e Galiza.
Candidatura de experiencia e renovación
A lista da organización nacionalista aspira a revalidar, por outros catro anos, o mandato baixo o liderazgo da súa cabeza de lista Cristina Cid. Confían en manter o apoio da cidadanía de Allariz coa conxugación da experiencia de persoas que xa estiveron no goberno local, con persoas novas na lista.
Cristina Cid, candidata á alcaldía por Allariz, afronta este reto con ilusión e co apoio dunha equipa preparada para o traballo do futuro Allariz. "Queremos continuar co proxecto que naceu na vila en 1989" afirma Cristina Cid. Desta maneira dan o relevo a figuras tan importantes para a vila e o país como foron Francisco García e Anxo Quintana. Estes últimos, tamén irán na candidatura do BNG no concello como mostra de continuidade do proxecto.
“En Allariz, nestas eleccións decídese a continuidade dun proxecto creador de emprego e aumento dos servizos ou optar por candidaturas de organizacións que expolian e destrúen os concellos como podemos contemplar noutros concellos da provincia de Ourense” sentenza a candidata.
A candidatura está conformada por:
- Cristina Cid
- Bernardo Varela
- Helena Suárez
- Iago Santás
- María López
- Alberto Conde
- Maribel Poisa
- Samuel Conde
- Olga Quintana
- Juan Seara
- Iria Domínguez
12. María Xosé Castro
13. Xulio Pérez
Suplentes
- Sandra Chartos
- Francisco A. Piñeiro
- Pilar Gallego
- Manuel Cid
- José M. Conde
- Roberto Rodríguez
- Teresa Devesa
- Carmen Blanco
- Anxo Quintana
- Francisco García