Feijóo promenteu sacar a Galiza da crise pero a renta galega cada vez distanciase máis de Europa

 Trala Xunta de potavoces para dar conta dos asuntos a debater na vindeira sesión plenaria, o portavoz parlamentario do BNG, Francisco Jourqura  afirmou que a converxencia de Galiza coa renda europea desviase 15 puntos do obxectivo marcado polo Goberno galego

Comparencia de Francisco Jorquera ante os medios de comunición

Na quenda de preguntas ao presidente, o nacionalista preguntará a Feijóo como valora que a converxencia de Galiza coa renda europea teña un desvío de “15 puntos do obxectivo marcado polo Goberno galego” cando prometeu, a súa chegada á Xunta, que “Galiza sería a primeira en saír da crise” e  a realidade é que cada  vez diverxemos máis do Estado español e de Europa.

No plan estratéxico 2010-2014, a Xunta de Galiza fixaba como obxectivo o PIB per cápita de Galiza no 90% e no 2014 o 95% da Unión Europea sen embargo, dixo Jorquera, Euroestar ven de facer públicas as contas económicas do ano 2014 e resulta que “o PIB galego retrocedeu ao 80% do PIB per cápita europeo”.Para o deputado, os datos constatan un desvío de 15 puntos sobre o obxectivo marcado e en troques de converxer 5 puntos, “a fenda agrandouse en 10”.

Por outra parte, o portavoz parlamentario tamén sinalou que en termos de converxencia, “retrocedemos ao ano 2003, ata situarnos a 20 puntos da media europea”.

As persoas galegas non emigran por deporte

Jorquera lembrou que na última sesión de control, Feijóo presumiu de que Galiza medraba máis que Alemaña polo que habería que preguntarlle se os galegos e galegas “emigran por deporte” porque estes días tamén puidemos coñecer que só no ano 2015 “21.000 persoas abandonaron o noso país”, datos que ,recalcou o parlamentario, “constatan o grande fracaso de Feijóo”. Dende que chegou a presidencia, reiterou Jorquera, “Feijóo repetiu a cantinela de que Galiza ía saír da crise antes que ninguén pero a realidade é que con él como presidente a renda media de Galiza está cada vez máis lonxe da española e da Europea”.

Francisco Jorquera

Debates á iniciativa do BNG

O portavoz parlamentario anunciou que será debatida unha moción do BNG con medidas destinadas a transparentar e reducir as listas de espera e sobre a derivación de doentes da Sanidade pública a centros sanitarios privados. Asemade, será debatida unha Proposición non de lei con diversas propostas para evitar a expansión das plantacións de eucaliptos como reclaman diversos colectivos e asociacións que promoven o manifesto “STO EUCALIPTO-AVANTE CARBALLO”. Neste sentido sinalou que Galiza ten o 52% da superficie de eucaliptais existente no territorio do Estado español e o Estado español o 53% da superficie mundial ocupada por eucalipto glóbulos, “máis que toda Australia”.

O BNG preguntará ao goberno por dous fiascos; a política de transporte público posto en evidencia pola decisión do Tribunal Supremo de anular 129 concesións prorrogadas pola Xunta de Galiza e as deficiencias detectadas nos edificios da Cidade da Cultura.

O BNG tamén solicitou na Xunta de portavoces a comparecencia do Presidente da Xunta para explicar as medidas a tomar ante a imputación de José Manuel Baltar, petición que non foi aceptada.

Finalmente, Jorquera tamén reclamou a “retirada da bandeira da Unión europea” tralo acordo con Turquía para a expulsión de refuxiados, “ o Parlamento galego, afirmou, non pode ser indiferente a un acordo que atenta contra a xustiza”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG