O Bloque Nacionalista Galego esixe ao Goberno que se conforme de maneira inmediata a mesa de traballo para conformación do Convenio de Transición Xusta para As Pontes.
O cesamento de ENDESA, non só provocou incerteza sobre o futuro do emprego e o efecto que terá na comarca, senón que está a provocar situacións graves, particularmente nas auxiliares e de maneira directa entre os transportistas meses sen actividade, e por tanto, sen ingresos.
Ante esta situación o BNG demanda unha resposta inmediata por parte do Goberno e entende que non debe haber ningunha dificultade para que de forma maneira inmediata convóquese a mesa de traballo na que participen todas as administracións (Estado, Xunta de Galiza e Concello), a empresa e parte social (sindicatos e colectivos afectados) para acordar o desenvolvemento das medidas, os procedementos e os calendarios.
O deputado Néstor Rego, lembra que no punto quinto do acordo asinado para a investidura, recóllense as liñas básicas de actuación neste ámbito.
RELACIONADO: