O BNG rexeita o depósito de lodos do río Lérez na bocana da ría de Arousa anunciado por Portos de Galiza

Montse Prado
Montse Prado

Montse Prado denuncia que no mesmo lugar existe outro depósito de residuos, aprobado polo Goberno español nos anos 90, cun gran número de toneladas  de materiais nunha extensión similar a varios campos de fútbol

A deputada e portavoz de pesca do BNG, Montse Prado formulou unha pregunta ao goberno sobre o anuncio  de Portos de Galiza para  depositar os lodos procedentes da dragaxe do río Lérez nunha zona próxima ás illas de Sálvora e Ons.  

Na súa intervención, Prado lembrou que a finais dos anos 90 o Estado español fixou un  lugar entre as illas de Sálvora e Ons para verter os lodos e residuos procedentes das obras de ampliación de peirao de Ferrazo, en Vilagarcía de Arousa  e dende esa data foron toneladas de metros cúbicos de lodos e outros materiais depositados de zonas como: Marín, Vigo, Cambados, Tragobe, Meloxo, Rianxo...  A deputada asegurou que o  lugar é “unha auténtica montaña cunha área similar a varios  campos de fútbol e metros de altura”.

O punto de vertido, situado  a 2 millas de Sálvora e a 3.7 de Ons, explicou, é un espazo protexido e forma  parte do Parque Natural das Illas Atlánticas, Zona CEPA e área Ospar cuxo obxectivo xeral é  conservar os ecosistemas mariños, prevención e eliminación da contaminación.

“Non podemos permitir” recalcou a nacionalista,  que na entrada da ría máis produtiva de Galiza, a ría de Arousa,  de enorme riqueza produtiva e ambiental, exista un depósito con toneladas de residuos que poñen  en risco o seu  ecosistema.

O BNG móstrase contrario, xa non só a que se poidan verter neste punto máis lodos, senón tamén da permanencia do depósito  na canle de entrada á ría, “pola que entra a corrente oceanográfica que provoca o afloramento na ría de Arousa, e polo  tanto, todo o que se deposita lévao a  corrente o os temporais dispérsano ría dentro.

Por outro lado, engadiu que  as Confrarías, a  Plataforma en defensa da ría de Arousa, colectivos ecoloxistas e  cidadanía en xeral teñen mostrado a súa oposición a este proxecto. A deputada preguntou se a pesar dos problemas que vai a ocasionar o novo depósito o goberno persistirá na súa intención?.

Tras  a resposta  da conselleira do Mar, a parlamentaria do BNG  acusou á Xunta de “irresponsable” e de  aplicar unha política contraria ao  sector extractivo da ría de Arousa, “estratéxico, pola riqueza e emprego que xera: o 44% das mariscadoras a pé, o

68% das bateas de mexillón e o 41% das embarcacións de artes menores.

Unha frota pesqueira composta por máis de 1.700 embarcacións de pesca e máis de 800 auxiliares de pesca e acuicultura. Non imos permitir o depósito

“Póñanse man á obra e deixe de ameazar con que  a oposición aos vertidos na bocana da ría de Arousa impedirán  as dragaxes pendentes porque a súa obriga é facer todas as dragaxes que sexan necesarias e con garantías.

Si as lamas están contaminadas que se lle apliquen os tratamentos adecuados, que se busquen depósitos alternativos, que se inertizen e sobre todo, busquen unha alternativa ao depósito que non prexudique a produción, aos ecosistemas, ao medio ambiente e ás rías galegas.

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG