BNG recrimina á Xunta o incumprimento do acordo parlamentario para implementar no concello de Redondela o bacharelato de artes

Manu Lourenzo
Manu Lourenzo
Manu Lourenzo acusa á Consellería de Educación de “mentir e marxinar” ás familias de Redondela cun  argumento técnico para ocultar unha “decisión política”

A través dunha pregunta parlamentaria ao goberno, o portavoz de Educación do BNG, Manu Lourenzo recriminou á Xunta o incumprimento do acordo parlamentario, impulsado polo BNG, aprobado o 22 de setembro para ofrecer ao concello de Redondela o bacharelato de artes.

Na súa intervención, seguida dende a tribuna do público por representantes da veciñanza e comunidade educativa de Redondela, o deputado do BNG acusou ao titular da Consellería de Educación de “mentir e marxinar” ás familias utilizando “un argumento técnico” para ocultar “unha decisión política”.

O nacionalista pediu a Román Rodríguez “que abra os ollos” porque moitos estudantes de Redondela “non poden desprazarse a outros lugares e se ven obrigados a estudar algo que non os apaixoa nin os motiva”. Estas palabras, dixo, non son miñas, son de Estela, unha moza de 15 anos que hai uns días na concentración convocada polos ANPAS de Redondela dirixíase deste xeito a todas as persoas congregadas. 13 AMPAS de centros públicos de Redondela que trasladan o seu malestar porque a Xunta “mente e marxina as familias destes concello”. Todas esas familias están seguindo en streaming esta intervención porque queren que vostede lles explique porque o 22 de setembro, o Parlamento galego  aprobou unha iniciativa do BNG para dotar Redondela de bacharelato de Artes e agora “non cumpren este acordo, desprezan á veciñanza e tamén  aos alumnos e alumnas que queren estudar bacharelato de artes”.

O deputado reiterou que o conselleiro “mentiu” porque no memento en que  as direccións dos centros chamaban á inspección  educativa para saber como proceder para instalar ese bacharelato, dende a inspección respondían literalmente, “dende a consellería non se trasladou ningunha variación para o próximo curso académico”.

A xuízo do nacionalista, Román Rodríguez debe explicar  porque a Federación de ANPAS, tras dirixirse a Xefatura territorial  a única resposta que atoparon foi “o avergóñante silencio do Partido popular” é isto sucede, recalcou Lourenzo porque  o PP, está “no pim pam pum e botando balóns fóra” para culpabilizar a outras administracións. Hoxe, dixo, queremos preguntarlle si foi vostede o único que no mes de setembro non se enterou que no ano que entra teríamos cinco bacharelatos de artes? Para o deputado, o descoñecemento do  conselleiro  confirma a súa incapacidade para dirixir a súa consellería. Como é posible que vostede afirme hoxe que descoñecía a aprobación deste acordo? preguntou.

Os problemas que alega a consellería para implementar o bacharelato de artes  non se producen en Vigo ou en Mos. “Deixe de mentirlle ao estudantado de Redondela” e cumpran os acordos que se aproban na Cámara galega.

Tras a intervención do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, o deputado lembrou as afirmacións do Partido popular para a  aprobación do acordo parlamentario:  “Si hai demanda imos a por elo, este é un acordo que responde perfectamente a vontade dos redondeláns” pero todo indica, criticou  o deputado,  que a vontade do conselleiro non é esa. Este é o “papelón” do Partido popular co ensino público e isto é o que terá que explicar o Partido popular de Redondela aos estudantes, ao profesorado e a toda a comunidade educativa que exixe que os seus fillos e fillas poidan estudar bacharelato de artes, onde sexa demando.

Neste sentido, explicou que esta demanda existe e puxo como exemplo o IES Mendiño  no que 28 alumnos e alumnas amosaron o seu interese para estudar o bacharelato de artes, e dos 28,  19 si fora implementado no centro, concluíu.

 

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG