congreso

BNG propón o recoñecemento oficial das seleccións deportivas galegas para poderen competir a nivel internacional

Néstor Rego
Néstor Rego
Néstor Rego denuncia a actitude do Goberno español que atende “só a criterios políticos e non xurídicos, impedindo que as nacións sen Estado como a Galiza compitan no eido internacional”

BNG rexistrou unha iniciativa no Congreso instando ao recoñecemento oficial das selección galegas para poderen participar en competicións de carácter internacional a aínda a dotar as federacións deportivas galegas dos medios e as ferramentas xurídicas necesarias para accederen ao recoñecemento internacional. Así mesmo, a organización nacionalista criticou a actitude do Goberno español ao non ter realizado ningunha acción para que se recoñeza de maneira oficial o labor das seleccións galegas.

O tecido deportivo galego conta hoxe cun alto nivel que compite e logra premios tanto a nivel estatal como no marco internacional na maior parte de disciplinas. Ademais, en casos como o fútbol gaélico, conta coa súa propia selección xogando en campionatos  europeos e mundiais en que consegue importantes galardóns.

Neste sentido, a formación nacionalista apuntou que contando con “coas deportistas profesionais e coas instalacións necesarias” e existindo a vontade de ser representados e representadas como pobo “non entendemos como é posíbel que o Goberno continúe pondo trabas para que as seleccións galegas poidan competir de maneira oficial nos campionatos de carácter internacional”.

Rego sinalou que “outras nacións sen estado están a facelo: Escocia, Gales ou mesmo territorios como Xibraltar” chegando a ser corenta e nove nacións sen Estado as que teñen unha ou máis seleccións que compiten a nivel europeo ou mundial.

“Nin a lexislación española nin a europea prohiben a oficialidade internacional das seleccións deportivas de nacións sen Estado” incidiu o deputado nacionalista. Por este motivo, o Rego rexistrou iniciativas para que o Estado recoñeza de maneira oficial as seleccións galegas e poidan participar nas competicións internacionais en todas as disciplinas deportivas, e para que achegue “os medios e soportes xurídicos precisos para poderen tamén solicitar o recoñecemento internacional de forma oficial”.

O deputado do BNG denunciou a actitude do Goberno e sinalou que a motivación do executivo estatal obedece a “criterios políticos e non xurídicos, co obxectivo de impedir que nacións sen Estado como a Galiza compitan no eido internacional”. Rego  lembrou que tanto a Constitución española como o Estatuto de Autonomía recollen que as competencias en materia de deporte as posúe exclusivamente a Galiza.

As actuais federacións deportivas teñen un carácter xurídico-privado mais desde a organización nacionalista entenden que “a integración dunha federación nacional na mesma sería perfectamente posíbel” se as regras de admisión desa federación internacional permiten a integración de federacións de nacións sen Estado e cumprindo sempre o resto de requisitos que se exixiren.

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG