O BNG pide á Xunta que actúe en pór medidas de transporte para garantir o ensino

Olalla Rodil e Maite Ferrreiro Xuntanza estudantado
Olalla Rodil e Maite Ferrreiro Xuntanza estudantado

A deputada Olalla Rodil e a Vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro, mantiveron un encontro con nais e pais do estudantado afectado pola modificación das quendas por mor da COVID-19

Olalla Rodil “esta é a consecuencia do recorte de servizos no medio rural que levamos vendo durante as últimas décadas”

A deputada do BNG, Olalla Rodil, e a vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, mantiveron un encontro con nais e pais do alumnado de Portomarín que acoden a recibir aulas de Bacharelato ou Formación Profesional  á cidade de Lugo, que neste momento estanse vendo afectadas polos cambios organizativos por mor da COVID-19.

Desde o Bloque Nacionalista Galego ,ao igual que as familias e estudantes afectados, esiximos que é unha obriga do Goberno galego garantir fórmulas de transporte que permitan acudir aos centros en condicións de equidade, acceder ao ensino a todo o alumnado independentemente do seu lugar de residencia.

Olalla Rodil declarou que ”este estudantado non conta cun transporte habilitado pola Xunta de Galiza, o que en circunstancias normais encarece o acceso a este nivel educativo, porén, aínda supón un maior custe se a única opción coa que contan é un taxi” ao que engadiu “esta é a consecuencia do recorte de servizos no medio rural que levamos vendo durante as últimas décadas”.

Neste sentido non é a única localidade afectada, “estudantes que viven noutros concellos como O Corgo, Nadela, Castroverde ou Guntín non teñen liñas de autobuses que fagan chegar puntuais as súas clases” resaltou Olalla Rodil.

Desde o bloque resaltan a necesidade de pór en marcha ferramentas de mobilidade desde as áreas rurais, o que fai “contar cun conxunto de servizos que non só as alumnas se benefician, senón que o conxunto da veciñanza tamén posúa ferramentas para a súa mobilidade polo territorio” sinalou Rodil.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG