Parlamento Galego

O BNG pide pagos directos aos propietarios das terras en rede natura en alta montaña para subir as rendas e fixar poboación

Mini Rivas
Mini Rivas
Rivas destaca que non se trata de dar “esmolas” senón de compensalos por un traballo que mantén o patrimonio natural e a biodiversidade

O BNG defendeu no Parlamento unha proposición non de lei para que sexan os titulares das terras en rede natura os principais beneficiarios de manter a protección destes espazos que supoñen un beneficio para a conservación do patrimonio natural, para a biodiversidade e para o conxunto da sociedade.

Neste sentido, o portavoz parlamentario de Medio Rural, Xosé Luís Rivas, defendeu en comisión unha proposición non de lei reclamando medidas para incentivar as externalidades positivas dos terreos que se encontren en rede natura ou noutros espazos con protección ambiental. Igualmente, establecer pagos directos ós titulares das terras nas zonas de alta montaña ou despoboadas, co fin de incrementar as rendas e fixar poboación.

A iniciativa do Bloque tamén incluía incrementar a porcentaxe ata o 100% nas liñas de axudas a traballos de silvicultura, plantacións, incremento da superficie de frondosas e todo o que implique a posta en valor do monte de xeito multifuncional e sustentable, incluíndo proxectos dinamizadores do medio rural. E, por último, elevar ao 100% as axudas para a prevención e loita contra os lumes. O PP vetou todas estas medidas.

“Os espazos en rede natura facilitan a conservación do patrimonio natural e conservación da paisaxe, evitan a desertización, recargan os acuíferos, prevén riscos xeolóxicos e teñen un uso público, en definitiva, son beneficioso para o conxunto da sociedade”, argumentou Rivas, que pediu beneficiar “aos que están a pé de obra”.

“Sería lóxico que tivese formación é a xente que habita eses espazos, que fosen os gardas e xestores directos desta rede natura, pero non é así e por iso traemos esta iniciativa para que as persoas que traballan alí teñan toda a compensación por facer traballos de sivilcultura. Non estamos falando de esmolas senón do pago para manter eses espazos con biodiversidade, equilibrio ambiental e augas limpas. Ese traballo ten que ser compensado e cara ese fin traemos estas medidas para ter o apoio do Parlamento”, salientou.
Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG