Congreso

O BNG insta ao Goberno central o traspaso de competencias a Galiza do Instituto Oceanográfico

Néstor Rego
Néstor Rego
O deputado, Néstor Rego, rexistrou unha PNL para o traspaso das competencias do Instituto Oceanográfico Español á Xunta de Galiza.

O BNG demandan ao Goberno central o traspaso de competencias á Xunta de Galiza para a total xestión económica administrativa dos centros do Instituto Oceanográfico Español que hoxe en día fican en Galiza co obxecto de que pasen a formar parte da estrutura propia da Xunta.

Néstor Rego instan ao Ministerio de Ciencia e Innovación a que mentres non se dá o traslado se dea inicio a un proceso de descentralización dos centros e das infraestruturas do Instituto Oceanográfico, “concretamente para os centros e infraestruturas con sede en Galiza, na cidade da Coruña e na cidade de Vigo, para ser xestionados segundo as súas propias necesidades”.

Lembra que o BNG xa presentara no Parlamento de Galiza a proposta da transferencia a Galiza por parte do Estado dos servizos e funcións en materia de investigación oceanográfica, aprobándose por unanimidade en marzo de 2016, na Comisión de Pesca, para instar ao Goberno central a transferencia das funcións, medios e persoal dos centros costeiros do Instituto Español de Oceanografía en Vigo e A Coruña, así como do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo.

O deputado nacionalista lembra ao Ministerio a atender ás demandas das traballadoras e dos traballadores dos centros do IEO, en concreto, “as referidas á creación dunha bolsa de emprego, o aumento en inversións en I+D+i e a atención prioritaria para a aprobación áxil de proxectos”, coa necesaria modernización no sistema de xestión e na estrutura do organismo.”

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG