O BNG apoia a insubmisión contra a "inútil" proba da reválida que impón a LOMCE

Ana Pontón, na concentración contra a proba de reválida convocada pola Plataforma Galega polo Ensino Público

O BNG cualifica de “inútil” a proba da reválida imposta pola LOMCE, que en Galiza afecta a cerca de 22.000 alumnos e alumnas de entre 11 e 12 anos de idade.

Ana Pontón, na concentración contra a proba de reválida convocada pola Plataforma Galega polo Ensino Público

“Somete a unha tensión innecesaria ao alumnado e causa problemas na organización pedagóxica dos centros, cando os esforzos e os recursos dos que dispón o ensino público deben poñerse ao servizo dunha educación de calidade e do seguimento personalizado dos e das estudantes, en vez de perder o tempo con probas sen ningún sentido e que, ademais, están inspiradas nun modelo fracasado, nas leis e no modelo educativo do franquismo”, denunciou a portavoz nacional, Ana Pontón.

A dirixente nacionalista participou na concentración de protesta organizada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que forma parte o Bloque, ante a sede da Consellería de Educación, á que tamén asistiron integrantes da Executiva nacional como Rubén Cela, Noa Presas e Bieito Lobeira.

Pontón alegou que “a maioría social” rexeita a reválida, proba que xa no pasado curso tivo unha forte oposición de nais, pais e alumnado: “Vimos como miles de persoas non enviaban aos seus fillos e fillas a facer esa proba”. O Bloque, dixo a tamén deputada, apoia a eses “pais e nais insubmisos que defenden un ensino de calidade para os seus fillos e fillas”.

Ana Pontón, na concentración contra a proba de reválida convocada pola Plataforma Galega polo Ensino Público

Unha vez máis, o BNG reclama a derogación da LOMCE e a supresión das reválidas e, nese sentido, lamenta a oportunidade perdida polas autodenominadas forzas do cambio, incapaces de aproveitar a minoría do PP para botar por terra a Lei Wert.

O 26X é, dixo, “unha segunda oportunidade para que os galegos e as galegas volvamos ter voz propia no Congreso”, porque Galiza precisa “un marco educativo propio” que non se limita a derogar a LOMCE, “senón desenvolver e aplicar as competencias en materia de ensino e en materia educativa”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG