BNG acada un acordo unánime para implantar o bacharelato de Artes en Redondela, atendendo á demanda na preinscripción de matrícula

Manu Lourenzo
Manu Lourenzo
Manuel Lourenzo indicou que a demanda desa disciplina é “xusta” e amplamente secundada pola comunidade educativa, alumnado e sociedade de Redondela

O portavoz de Educación do BNG, Manuel Lourenzo defendeu, a través dunha proposición non de lei, ofertar os estudos de bacharelato de Artes en Redondela que acadou  un acordo unánime tras aceptar o nacionalista,  unha transacción do Partido popular co obxecto de incluír no acordo, “atender á demanda no proceso ordinario de preinscrición”.

Na defensa da proposta, o deputado do BNG afirmou que dotar ao concello de Redondela do Bacharelato de Ares, “é unha demanda reclamada pola  comunidade educativa e apoiada  por todos os  grupos políticos do Concello de Redondela”.

Manuel Lourenzo  insistiu en que existe “unha demanda innegable” para implantar estes estudos como xa trasladou toda a sociedade de Redondela e  que foi negada nesta mesma comisión polo grupo do Partido popular. Agora, enfatizou, debemos ser “construtivos” e dar unha resposta á sociedade de Redondela e neste sentido dende o BNG reclamamos “implantar o  bacharelato de Artes en Redondela”.

O parlamentario recalcou que Redondela, un concello con 30 mil habitantes,  precisa deste bacharelato de Artes e lembrou que o 24 de xuño o pleno municipal aprobou “por unanimidade” reclamar esta disciplina. A propia portavoz municipal do PP, engadiu o nacionalista,  afirmou que esta reivindicación estaba secundada por todo o ensino de Redondela. Dende o BNG, sempre consideramos que era necesario implantar o bacharelato de Artes porque existe “unha realidade social e cuantitativa en termos de demanda”. Manuel Lourenzo explicou que os centros levan anos solicitando este bacharelato e a Xunta non presentou unha alternativa, a pesar de que o  Consello escolar de Redondela e todos os grupos municipais mostraron o seu apoio.

O deputado sumou a este apoio ás 14 AMPAS, os claustros de todos os centros e os consellos escolares, de aí, recalcou a importancia deste acordo parlamentario.

Redondela, explicou o parlamentario do BNG, é un concello que funciona como cabeceira comarcal e o abano do alumnado que se podería captar  para un bacharelato de Artes suporía “un polo de atracción” tendo en conta as alternativas dun alumno ou alumna de Redondela que só ten a opción de cursar o bacharelato en Mos co agravante da “falta de transporte público” que dificulta compaxinar os horarios e a outra opción radica en  Vigo ou Pontevedra  tendo que realizar  o traslado en tres ou catro autobuses para combinar os horarios e cun custe que  que pode  alcanzar entre os  100 ou 120 euros mensuais.

Tras a votación, o deputado agradeceu o apoio de todos os grupos parlamentarios e considerou que o acordo acadado na Comisión de Educación resulta “un paso adiante” para atender unha demanda  amplamente rescaldada pola comunidade educativa, alumnado e a totalidade da  sociedade do concello de Redondela.
Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG