Ana Pontón reproba a especulación con fondos de inversión na AP-9 e urxe o rescate e a transferencia da autoestrada

Ana Pontón
Ana Pontón

A portavoz nacional, Ana Pontón, reprobou desde Castro de Rei a “especulación con fondos de investimento que se está a facer coa AP-9”, unha infraestrutura básica para o País que considerou fundamental rescatar e transferir a Galiza para “facer xustiza dunha vez por todas” cos galegos e coas galegas.

Así se referiu ás informacións publicadas neste sentido nunha visita ás instalacións da empresa Innolact-Quescrem, na que se preguntou se o Executivo de Alfonso Rueda coñecía a noticia “ou simplemente é un espectador” deste novo movemento accionarial en torno á principal autoestrada do País.

Pontón criticou o uso especulativo que se está a facer das infraestruturas galegas, “con fondos voitre que claramente se están lucrando delas”, nun momento ademais no que a Comisión Europea podería declarar ilegal a concesión de 25 anos aprobada no seu día polo Goberno do PP no Estado, o que abriría a porta ao rescate da AP-9.

“Isto pon o foco na necesidade de acabar cunha situación que é unha aberración desde o punto de vista democrático”, afirmou para incidir en que “urxe dunha vez por todas que se produza tanto o rescate como a transferencia da AP-9 e conseguir que se faga por fin xustiza no noso País”.  

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG