Galegas 2024

Ana Pontón: “Pídolle a todos os galegos e as galegas que queren cambio que confíen no BNG para facer historia o 18-F”

Mercedes Queixas, Ana Pontón e Francisco Jorquera
Mercedes Queixas, Ana Pontón e Francisco Jorquera

Arranca a campaña na Coruña apelando á mobilización masiva de todas as persoas que queren abrir un tempo novo e poñer en marcha unha Galiza mellor

O 18-F só hai dúas alternativas, ou seguir no pasado co PP ou mirar con ilusión cara ao futuro cunha presidenta do BNG que só se deba ós galegos e ás galegas

A portavoz nacional e candidata á Presidencia, Ana Pontón, abriu a campaña na Coruña cunha chamada á mobilización masiva do voto do cambio e a concentrar no BNG a papeleta de todas as galegas e OS galegos que queren facer historia e abrir un tempo novo a partir do 18-F. “Pídolles que aposten todo ao BNG, porque somos a mellor alternativa para derrotar ao PP e poñer en marcha o cambio galego”, proclamou.

“Se o voto do cambio se mobiliza e se une no BNG, Galiza gañará un futuro mellor”, proclamou no acto de apertura de campaña, que compartiu coa cabeza de cartel pola Coruña, Mercedes Queixas. Pontón insistiu en que estas son as eleccións “máis importantes e máis abertas dos últimos quince anos” e amosouse convencida de que “o cambio é imparable” e de que “está ao alcance das nosas mans”.

Destacou, neste sentido, que este é o momento de apostar polo BNG como garantía dese cambio, con independencia da opción elixida en anteriores comicios. “Son a candidata de todas as persoas que queren cambio, votasen o que votasen noutras eleccións”, proclamou Pontón ante a decisiva cita do 18-F.

“Porque hai moitas maneiras de sentirse galego, de sentirse galega, e todas son necesarias para construír a Galiza en grande que queremos e merecemos”, engadiu, para facer unha nova chamada á confianza no BNG e a facer historia “dándolle a Galiza a primeira presidenta da súa historia coas mans libres” para traballar pensando só en resolver os problemas da xente, unha presidenta -dixo- “á que só os galegas e as galegas lle van dar ordes”. “Non lles vou fallar”, asegurou.

“A todos os galegos e as galegas quero pedirlles que voten con ganas, con ilusión, convencidos e convencidas de que imos darlle motivos para que teñan esperanza nun futuro mellor”, afondou a candidata á Presidencia, convencida de que “desta vez vai” e de que Galiza está a piques de facer historia porque hai unha maioría social que “quere avanzar, vivir mellor e mirar ao futuro con esperanza”.

“Témolo ao alcance da man, pero non se pode perder ningún voto”, precisou, apelando de novo a toda a xente “inconformista que quere unha Galiza en grande e non a Galiza en pequeno que nos deixa o PP” a mobilizarse coa “máxima forza” e a traballar da man do Bloque a prol do cambio, no seu entorno familiar, no seu centro de traballo ou coas súas amizades.

Pontón quixo transmitir aos galegos e as galegas que na cita coas urnas do 18-F só existen dúas alternativas reais, “ou seguir ancorados no pasado cun Rueda que xa demostrou que nos deixa unha Galiza en pequeno ou mirar cara o futuro cunha presidenta do BNG capaz de poñer en marcha unha Galiza en grande”.

“Esa é a escolla”, destacou, para a continuación dirixirse a esa parte da cidadanía que dirixíndose especialmente a esa parte da cidadanía que aínda dubidan sobre o seu voto, que están desencantados coa política ou que non están seguros de ir á votar porque non ven posible que as cousas podan mudar.

“O momento é agora e non podemos deixar pasar esta gran oportunidade”

“O momento é agora e non podemos deixar pasar esta gran oportunidade”, asegurou nunha mensaxe especialmente dirixida a estes colectivos, aos que cominou a facer historia sumándose a unha “onda de cambio que non deixa de medrar”.

Pontón apelou tamén á confianza de todas as persoas que saen á rúa para defender a sanidade, a educación pública ou o medio ambiente; a todos e todas os queren unha Galiza “da ciencia, feminista, diversa”; as que desexan un País “onde a lingua floreza” e no que “teñamos capacidade de decisión”; e a toda a xente que está farta “da mentira, a manipulación e a incompetencia do PP”. “Se todas esas persoas votan BNG, haberá cambio”, subliñou.

A candidata nacionalista comprometeuse a darlle a Galiza “o mellor goberno de todos os tempos”, un goberno que defenda a sanidade pública, capaz de darlle futuro á xente moza e que garanta o dereito a unha vellez tranquila. O Executivo que liderará o Bloque, engadiu, será un goberno “coas ideas claras” para aproveitar o potencial do País. “Xa está ben de perder o PP, toca gañar co BNG e toca gañar un futuro mellor”, afondou.

Queixas: “A Coruña precisa un goberno aliado liderado por Pontón”

“O 18F xogámonos moito como país, abrirmos un tempo novo, pero non menos nos xogamos como cidade e comarca”, subliñou pola súa banda a cabeza de cartel pola Coruña, Mercedes Queixas, que aproveitou o acto de apertura de campaña para lembrarlle á cidadanía da Coruña como “ séndomos o motor económico do País, a Xunta viroulle as costas a esta cidade durante os 15 anos, longos e interminábeis, de gobernos sucesivos do PP", afirmou Mercedes Queixas, número 2 da candidatura. Por iso, sostivo, “A Coruña precisa un goberno alidado liderado por Ana Pontón”

A coruña precisa goberno liderado por Pontón aliado p“Quince anos para facer unha triste pasarela a un centro comercial. 15 anos sen apostar pola industrialización da cidade. 15 anos sen prazas para maiores en residencias públicas. 15 anos para construír apenas 40 vivendas", recapitulou á hora de facer balance da xestión da Xunta desde 2009, apelando ao voto ao BNG para reverter esta situación.

Queixas tivo un recordo para a Luísa Villalta, a poeta á quen este 2024 se homenaxea no Día das Letras Galegas. "Así vou, formando parte", escribiu a escritora do que ela chamaba Cidade Alta. "Estaremos á súa altura e faremos realidade o cambio galego", prometeu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG