A portavoz nacional, Ana Pontón, pide que se atenda á petición das familias da tripulación do Vila Pitanxo de seguir coa busca dos mariñeiros desaparecidos e que para iso se implique tamén con medios o Goberno do Estado, “é unha petición que debe ser escoitada e atendida”.
A dirixente nacionalista, que asistiu en Marín á concentración convocada polas familias, volveu trasladar todo o apoio e solidariedade en nome do BNG nun momento tan difícil, “posiblemente o máis duro na vida”, recalcou, tras reiterar toda a colaboración do Bloque para o que se precise.