O dez de novembro, dixo Pontón, todos os galegos e galegas temos unha oportunidade para deixar atrás a “frivolidade, cachondeo e discriminación” e apostar para que Galiza teña voz da man dunha opción política como o BNG que representa a “antítese” do que estamos vendo. Dende o BNG, recalcou a portavoz nacionalista, consideramos que non se pode xogar cos cidadáns e o 10 de novembro teremos a ocasión para que os galegos e galegas sexamos decisivas e decisivos no Estado e poñamos fin a “tanto cachondeo”.
Pontón volveu a pedir ao Presidente da Xunta que presente o recurso xudicial para o Estado abone a totalidade de débeda a Galiza.
Por outra parte, manifestou que o que está acontecento evidencia que actual sistema de financiamento “non lle vai ben a Galiza. As decisións sobre os nosos recursos, explicou, decídense en Madrid e se o Presidente da Xunta quixera cambiar as cousas o que tería que facer é defender que “a chave dos cartos dos galegos e galegas a tiveramos aquí”. Si nós, recalcou Pontón decidiramos teriamos máis recursos para financiar a sanidade, a educación, mellorar o medio ambiente, as pensións e crear emprego en Galiza pero o Presidente da Xunta asinou un sistema de financiamento que nos discrimina “e non fixo nada para cambialo”.