Na xornada de reflexión, a candidata do BNG á presidencia da Xunta anima á cidadanía a votar o próximo domingo e que se expresen nas urnas” porque estamos no momento de “definir a Galiza do futuro”. Pídolle a xente, dixo, que participe activamente e que pense “que Galiza quere construír, con que Galiza soña e que vote pensando en facer realidade ese soño” .Estamos nun momento decisivo para o noso País e hoxe é o día no que as persoas que non teñan decidido o seu voto pensen na opción que máis os convence, en que país queren vivir. Pontón insistiu na importancia de exercer o dereito de voto o vindeiro domingo 12 de xullo para decidir o futuro de Galiza.
A candidata do BNG agradeceu a todas ás persoas, militantes e non militantes, a súa colaboración no proceso electoral, sen elas, dixo, sería imposible realizar esta campaña porque nun primeiro momento parecía unha campaña moi difícil pola situación da Covid-19 pero conseguimos ilusionar a moitas persoas ao redor do noso proxecto e iso “fai que a política teña moito máis sentido”.
A candidata do BNG aproveitou a mañá da xornada de reflexión para encontrarse cos seus familiares e amizades na praza de Abastos de Compostela.