Parlamento Europeo

Ana Miranda insta ao goberno estatal a ser máis ambicioso coa nova lei do xogo e cumprir as recomendacións da CE

Ana Miranda AGAJA
Ana Miranda AGAJA
A portavoz do BNG en Europa considera que o obxectivo debe ser eliminar os anuncios da televisión e as casas de aposta dos barrios

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, considera que o goberno do Estado debe ser ambicioso e “ir máis alá” na nova lei do xogo para poñer límites as casas de apostas e previr a ludopatía. Insta ademais a que o goberno estatal cumpra as recomendacións da Comisión Europea para previr a ludopatía e as graves consecuencia sociais e sanitarios do xogo, tal e como sinalou a propia Comisión nunha pregunta presentada o pasado mes de setembro ao respecto.

“A proliferación das casas de apostas é un feito, especialmente nos barrios máis humildes, polo que resulta imprescindible protexer aos potenciais consumidores, en especial aos menores de idade”, salienta Ana Miranda, quen lembra que así o recoñece a Comisión Europea cando afirma que é necesario acadar “un elevado nivel de protección dos consumidores, os usuarios e os menores mediante a adopción de principios para os servizos de xogo en liña e as comunicacións comerciais responsables de ditos servizos”.

Para o BNG, as medidas que propón o Ministerio de Consumo son “claramente insuficientes” dada a re a súa portavoz en Europa salienta que o obxectivo e o traballo do goberno debe estar encamiñado á conseguir desaparición de todas as casas de apostas dos barrios e que non se emita ningún anuncio en televisión”.

Convención das Nacións Unidas

“Temos claro que as consecuencias sociais e sanitarias da ludopatía son graves, xa que supón a ruína de moitas familias, polo que resulta imprescindible protexer aos menores”, destaca Ana Miranda, quen recorda que todos os Estados membros da Unión Europea son Partes da Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno e o seu Comité indicou os riscos relacionados coas tecnoloxías da información, incluídos os xogos de azar.

A propia Comisión Europa defende na súa resposta a “necesidade de establecer as salvagardas adecuadas, de garantir a información apropiada en función da idade, así como de capacitar aos nenos e incrementar a súa sensibilización sobre as oportunidades e os riscos creados polo entorno dixital”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG