Ana Miranda defende na Asemblea de EuroLat a soberanía dos Pobos e a non inxerencia

Ana Miranda e Evo Morales
Ana Miranda e Evo Morales

A eurodeputada do BNG representa aos Verdes–ALE na Asemblea Europarlamentaria Euro-Latinoamericana

A eurodeputada do Bloque, Ana Miranda, participa este mércores e xoves na Asemblea Europarlamentaria Euro-Latinoamericana (EuroLat) en representación do Grupo parlamentar da Eurocámara Verdes-Alianza Libre Europea/ALE, no que está integrado o BNG, que se celebra por primeira vez en Bolivia, en concreto na cidade de Santa Cruz de la Sierra -

Neste contexto, Miranda defendeu a soberanía dos Pobos e a non inxerencia internacional, ao igual que fixo o presidente do Estado Plurinacional de Bolivia Evo Morales, quen deu o discurso inaugural da asemblea, facendo fincapé na loita pola paz e o respecto dos Pobos, así como a xustiza social e o diálogo.

Coa participación tanto de eurodeputados como de representantes dos Parlamentos de Latinoamérica e o Caribe, esta asemblea de EuroLat ten o obxectivo de avaliar a labor realizada ao longo dos últimos cinco años e facer novas propostas de cara á vindeira lexislatura.

Decisións conxuntas

Por outro lado, facilitar decisións conxuntas en temas como a loita contra o cambio climático, a xestión migratoria ou a loita contra a pobreza e a desigualdade son algúns dos temas que centran o cumio, así como os procesos electorais previstos nos próximos meses, desde as eleccións ao Parlamento Europeo aos comicios en Panamá, Guatemala, Uruguai, Arxentina e Bolivia.

A Asemblea Parlamentaria Euro-Latinoamericana (EuroLat) creouse no ano 2006 e está integrada tanto por eurodeputados como por representantes dos Parlamentos de Latinoamérica e o Caribe e entre as súas funcións figura adoptar e presentar resolucións e recomendacións a diferentes organizacións, institucións e entidades.

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG