Adán inxire no debate "preelectoral" os anuncios da consellería de Industria

A deputada, Carme Adán debullou o que considerou “ un absoluto fracaso” das políticas da consellería de Industria e a perda de 11.000 empresas e 35.000 postos industrias dende que Feijóo é presidente

Carme Adán

A parlamentaria do BNG, Carme Adán, tras a comparecencia do conselleiro de Industria para informar do polo tecnolóxico e industrial galego de avións non tripulados, afirmou que este novo anuncio hai que sumalo a ristra de anuncios e enmarcalo na carreira espacial que titulou: “Unha odisea no espazo que inaugura o período preelectoral”.

O BNG cualifica de propaganda preelectoral o anuncio do polo Tecnolóxico de avións non tripulados

A nacionalista explicou que na anterior lexislatura foi presentado o grande plan industrial, “o eólico” coa creación de 12.000 empregos e un investimento de 6.000 M€, “fiasco total, nada, unha perda de 1.200 empregos”, despois, tamén en período electoral foi anunciada a planta de baterías na PLISAN, a día de hoxe, convertida “nunha paisaxe lunar” pero os anuncios continuaron coa creación de 1.030 postos de traballo en Melón nunha fábrica de coches eléctricos , outro “fracaso”. Na campaña do ano 2012, engadiu Adán, vimos o Santo Grial representado en PEMEX, “perseguido, conquistado e que despois só serviu para vender un estaleiro galego” que nos levaría a un novo núcleo loxístico en Europa con sede no porto na Coruña coa creación de 3.000 postos de traballo. Sen embargo, recentemente, mantivemos unha xuntanza cos sindicatos do naval da Ría de Ferrol e Vigo confirmándonos que a construción dos floteis escasamente crearon 400 postos de traballo en cada unha das rías.

Hoxe, en pleno inicio de campaña preelectoral sabemos, a través dunha nota de prensa, da construción dun polo que xuntaría un edificio tecnolóxico aeroespacial en Nigrán, a enxeñería espacial de Ourense e o centro espacial de Rozas, un triángulo, en opinión da deputada, “moi mal conectado” e recalcou que non existe unha planificación industrial e programa que vertebre un centro aeroespacial do Sur da provincia de Pontevedra, un grao na universidade de Ourense e o centro de Rozas.

Carme Adán

Industria incumpre o investimento e I+D+i anunciado no Parlamento galego

Para a deputada, o desenvolvemento dos drons non precisan tanto espazo polo que preguntou cal vai ser o seu desenvolvemento tecnolóxico e industrial porque nunha recente comparecencia, vostede comprometeuse a incrementar o investimento público en I+D+i en 1, 2% nesta lexislatura pero o investimento real, segundo os últimos datos situase no O,89%.

O proxecto con “ramificacións na área de defensa e coa reserva do uso da tecnoloxía” anuncia a creación de 600 postos de traballo polo que a deputada preguntou cántos investigares e investigadoras e cantos tecnolog@s vai a dar traballo esta inversión de 115 millóns de euros e cal vai ser a relación co centro de Vigo e co grao de enxeñería aeronáutica Por outro lado, dixo que aínda que vostede se compromete que vai ser de uso civil, non temos datos que confirmen esta circunstancia.

A parlamentaria concluíu a súa intervención reiterando que a comparecencia do conselleiro é “pura propaganda” igual que “o eólico, PEMEX e agora a carreira aeroespacial” e demandou o compromiso do titular de Industria sobre “o uso civil de toda a investigación no centro de Rozas e a coordinación cos centros aeroespaciais que existen en Galiza”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG