Vence traslada o respaldo do BNG aos afectados polas preferentes pechados no Concello de Tui

Na súa visita aos afectados e afectadas polas participacións preferentes, pechados na casa do Concello de Tui, o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence fixo entrega da carta “Declaración do BNG diante do inminente anuncio da quita sobre as preferentes e subordinadas”, carta que hoxe  será remitida a todas as plataformas galegas de afectados por este produto financeiro

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, acompañado da alcaldesa de Tomiño, Sandra González e diversos cargos institucionais do BNG visitaron hoxe aos afectados e afectadas polas participacións preferentes pechados na Casa do Concello de Tui.

O portavoz do BNG entregou aos afectados a carta ““Declaración do BNG diante do inminente anuncio da quita sobre as preferentes e subordinadas” que será remita, hoxe mesmo, ao resto das plataformas galegas para amosar o respaldo desta forza nacionalista “aos aforradores estafados” pola banca e expropiados por unha “decisión inxusta”do Goberno do Partido popular imposta a través dunha lei de excepción económica.

O FROB anunciará o vinderio venres 22 as condicións  da quita  que aplicará ás preferentes

O BNG sempre rexeitou “a fraude e a ilegalidade” destes produtos colocados pola banca e as caixas, manifestou o portavoz do BNG e culpabilizou das “condicións da quita”, que será anunciada polo FROB o vindeiro venres, ao Partido popular e a Troika.

Vence explicou que arredor de 60.000 familias galegas están ameazadas pola inminente aplicación dunha quita, que será anunciada o vindeiro venres polo FROB e que “consagrará esta estafa”.

Para o portavoz do BNG, a Xunta de Galiza e o Banco de España tamén “fixeron a vista gorda” mentres miles de afectados e afectadas por esta estafa eran enganados con información “falaz”.

Neste sentido, o nacionalista acusou de “trileiro e mentirán” a Núñez Feijóo por consentir que a banca e as caixas xogaran coa confianza dos afectados vendéndolle falsas esperanzas con consecuencias terribles para moitas familias galegas.

O anuncio do FROB coincidirá no día en que se deciden os recursos que se destinarán para o rescate de Bankia

Soberanía para enfrontar as imposicións da banca e o Eurogrupo

O portavoz nacional do BNG tamén lembrou que, o Parlamento soberano de Chipre acaba de rexeitar a medida do Eurogrupo para impoñer unha quita aos depositantes , esta decisión parlamentaria, afirmou, impedirá o Plan do Eurogrupo polo que considerou a necesidade de conseguir un Parlamento galego “soberano” que poida aprobar resolucións xurídicas e eficaces en defensa de Galiza e de todos os galegos.

Vence aludiu a un acordo parlamentario por “unanimidade” na Cámara galega para unha saída xusta para os afectados das preferentes, pero o noso Parlamento, afirmou, “non é soberano” e as súas resolucións non “meros brindes ao sol”.

“Un parlamento non soberano é un parlamento irresponsable”.

O BNG reclama a devolución integra dos aforros aos seus propietarios

Ante o anuncio do Fondo de Reestruturación Bancaria (FROB), o día 22, sobre os termos do canxe das preferentes, o portavoz nacional do BNG reclamou “a urxente reconsideración dos acordos de conversión e canxe de preferentes subordinadas estabelecidos polo Goberno central e o FROB e a devolución “integra” das cantidades estafadas por produtos financeiros complexos.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG