O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence pide prudencia ao xuíz Vázquez Taín porque os xuíces deben manifestarse a través das resolucións xudiciais e non en declaracións de parte.
O portavoz nacional del BNG, Xavier Vence, afirmou hoxe que o presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, debe "depositar a súa dimisión no Parlamento".
Na súa opinión,Galiza non pode soportar a Presidencia dunha persoa con este tipo de relacións e de pasado, en alusión as fotos publicadas nun medio galego en compañía do capo do tabaco e narcotráfico, Marcial Dorado.
Na comparecencia, o portavoz do BNG tamén se referiu ás declaración do xuíz Vázquez Taín nas que afirmou que as fotos de Núñez Feijóo co narcotraficante, Marcial Dorado non foron incautadas pola xustiza por non existir indicios. Para Xavier Vence, os xuíces deben pronunciarse a través de resolucións xudiciais e non declaracións de parte polo que pediu prudencia a Vázquez Taín.
As declaracións de Vázquez Taín, dixo, cuestionan a súa "imparcialidade" e lembrou que o xuíz foi nomeado no ano 2005 director da Axenica Galega de Seguridade ocupando Núñez Feijóo a Vicepresidencia da Xunta de Galiza.
Núñez Feijóo e as amizades perigosas
Para o voceiro nacionalista comezan a seren demasiadas as amizades perigosas do Presidente da Xunta de Galiza entre as que destacou a, Manuel Cruz, testaferro de Marcial Dorado e Pablo Crespo vocal de Portos de Galiza no período en que o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo dirixía a consellería de Política Territorial.
Vence asegurou que existen amizades que contaminan para toda a vida polo que reiterou que Feijóo debe dimitir, Galiza, dixo, non pode ser representada por unha persoas que non sexa diga de representar o noso país
Galiza non pode soportar a imaxe de converterse en Sicilia, manifestou o nacionalista, a imaxe do Presidente cun narcotraficante é insoportable e intolerable e pediu que este tema se resolva de maneira inmediata polo ben do país e a gobernanza de Galiza.
A quitación debe ser aplicada á débeda dos bancos
No transcurso da rolda de prensa para presentar diversas alternativas á situación das persoas afectadas polas participación preferentes, o portavoz nacional do BNG,avogou por aplicar a quitación á débeda dos bancos.
Vence cargou as tintas contra o Partido popular do que dixo é cómplice dos bancos e non defende aos afectados, a quita non pode ser aplicada aos aforradores, sentenciou, 64.000 familias galegas perderán 600 millóns con este roubo.
Hai que combater radicalmente un sistema financeiro que desmantela os servizos públicos e rescata a unha banca especulativa polo que avanzou que o BNG manterá diversas xuntanzas con forzas nacionalistas, de esquerdas, sindicais e movementos sociais para establecer unha estratexia contra a quitación ás preferentes, os desafiuzamentos e a situación de precariedade dos asalariados e autónomos. Hai que tumbar a un PP que só beneficia os intereses da banca, concluíu.