A Executiva Nacional do BNG recoñece que os resultados obtidos onte son malos sen paliativos e nos coloca nunha situación moi difícil, recoñeceu o portavoz nacional, Guillerme Vázquez, quen anunciou a convocatoria para o próximo Sábado dun Consello Nacional e a a apertura dun proceso de reflexión colectiva amplo e profundo que nos permita mudar o que sexa necesario para mellorar como organización e volver contactar cos cidadáns.
Guillerme Vázquez asegurou que o BNG vai tomar humildemente nota do resultado e pedimos disculpas polo que poidemos ter feito mal. Ábrese unha etapa moi difícil, unha travesía no deserto na que debemos tomar decisións coa cabeza fría e tentando superar a situación na que estamos.
O portavoz nacional reiterou os parabéns tanto ao PP como ás restantes organizacións polos seus resultados, lembrando que o PP ten a maioría dos escanos pero non a maioría do apoio social porque a maioría dos galegos e galegas non refrendaron as súas políticas.
O PP ten a maioría dos escanos pero non ten a maioría dos apoios sociais, a maioría dos galegos e galegas non refrendaron as súas políticas
Neste sentido, advertiu que agoira tempos moi duros no político, no social e no económico, un contexto no que Galiza corre o risco de camiñar cara á irrelevancia mentres Cataluña e Euskadi reafirman o seu perfil e si terán o seu peso específico.
Guillerme Vázquez tamén aproveitou para volver agradecer á militancia o traballo feito durante a campaña; aos milleiros de galegos e galegas que depositaron a súa confianza no BNG; ao conxunto dos candidatos e nomeadamente a Francisco Jorquera por terse deixado o mellor de si mesmo neste proceso.
Usaremos esa forza que nos deu o pobo para seguir facendo frente ás políticas de Feijóo.Seguiremos apostando polo cambio profundo, por un modelo antagónico ao que representa o Partido Popular.
A preguntas dos xornalistas sobre se o BNG responsabiliza a Beiras dos malos resultados da formación nacionalista, aclarou que en ningún caso, nós aceptamos o resultado e agora temos que procurar mellorar para recuperar a confianza da xente. Agardamos que o resultado doutras formacións serva para contribuir a debilitar a situación de crise na que nos ten metido o PP, os mercados e a señora Merkel.
http://youtu.be/-Rcz83TQCuo