A portavoz do GP do BNG, Ana Pontón, advogou este luns por reforzar os mecanismos de participación directa dos cidadáns nas institucións, nomeadamente no Parlamento, e presentou con este motivo unha proposición de lei que ten por obxecto modificar a lexislación actual que regula as Iniciativas Lexislativas Populares.
Nun contexto no que distintos dirixentes do Partido Popular, entre eles a presidenta da Cámara galega, Pilar Rojo, están a facer declaracións sobre a pertinencia de reducir o número de deputados, proposta que realmente agacha, segundo a voceira nacionalista, un intento de reforzar os sistemas maioritarios, hai que ir cara mecanismos de participación que sexan o retrato fiel da sociedade.
Ana Pontón lembrou que as Iniciativas Lexislativas Populares (ILP) son propostas promovidas directamente polos cidadáns, que requiren, ademais, do apoio como mínimo de 15.000 persoas para poder ser debatidas, polo que nos parece absolutamente antidemocrático que un grupo da Cámara poida vetar eses debates.
Hai lagoas na actual lei de ILPs que cómpre resolver para que o grupo maioritaria non poida silencir a voz directa dos cidadáns en temas que resulten incómodos
A portavoz reiterou que nestes momentos existen dúas iniciativas deste tipo (Preescolar na Casa e Sanidade) bloqueadas pola actitude do Partido Popular, unha actitude que vulnera dereitos fundamentais dos cidadáns e converte en papel mollada a figura das ILP.
Fixar un prazo máximo
Para a parlamentar, existen lagoas na lexislación vixente que permiten que se produzan estas situacións e que incluso se poida dar o paradoxo de que durante toda unha lexislatura un dos grupos da Cámara manteña vetadas certas iniciativas por resultarlle incómodas.
Fronte a isto, a proposición de lei nacionalista prantexa unha reforma moi sinxela, que consiste en establecer de forma obrigatoria un tempo máximo entre o momento no que a ILP está lista para debate e a súa inclusión na orde do día.
O BNG explicou- propón que este tempo máximo sexa dun mes, prevendo que se ese tempo coincide cun período inhábil se teña que convocar un pleno extraordinario.
Próximo pleno e ordes do día plurais
Ana Pontón aproveitou a súa comparecencia ante os medios para reclamar de novo un funcionamento normal do Parlamento durante este mes de Xullo, tanto no número de sesións como na configuracion das ordes do día, de tal xeito que todos OS grupos poidan incluir as iniciativas que consideren.
O BNG dirixiuse por carta a PP e PSdeG para poder celebrar un próximo pleno cunha orde do día plural, na que cada grupo poida levar os temas que considere que é necesario abordar de forma urxente, que nestes momentos son moitos
Neste sentido, lembrou que a semana pasada se dirixiu aos portavoces de PP e PSdeG para mudar a actual pauta de actuación do PP e poder celebrar unha nova sesión plenaria que inclúa asuntos de intereses de todas a forzas que compoñen a Cámara.
Mais o PP está a responder con evasivas denunciou- o que pon de manifesto que está cómodo na actual situación, na que aproveita a súa maioría absoluta para poñela ao servizo do Goberno e das súas estratexias partidarias.
Comisión de Investigación das Caixas
A portavoz do grupo nacionalista agarda, non obstante, que da próxima Deputación Permanente que se celebrará o próximo Mércores saia unha convocatoria de pleno no que por fin non só se constitúa a Comisión de Investigación das Caixas senón que tamén se poña en marcha e se traballe sobre a mesma durante o que queda de Xullo e Agosto.
Pilar Rojo deixa en evidencia que Feijóo falta á verdade cando di que o adianto electoral non está na súa axenda
Para a parlamentar, é escandaloso que o PP e o goberno sigan demorando estes traballos, cando non hai razóns obxectivas que o xustifiquen e cando os galegos e galegas necesitan clareza sobre todo o acontecido coa nefasta xestión das entidades, a súa bancarización e as indemnizacións millonarias dos seus ex directivos.
Adianto electoral
Finalmente, sobre as declaracións de Pilar Rojo nunha entrevista nunha cadea de radio, nas que recoñecía que Feijóo está estudando un posíbel adianto das elecións , advertiu que deixan en evidencia ao presidente, demostran, entón, que este faltou á verdade cando dixo que a data dos comicios non estaba na súa axenda.
Ana Pontón considera que este debate demostra que a Feijóo o único que lle preocupa son os seus propios intereses e os dos seu partido e que decidirá a data en función deses mesmos intereses.
En calquera caso, o goberno de Feijóo é un goberno esgotado, que fallou máis do que acertou, con conscuencias demoledoras para Galiza, que pasará á historia como o peor goberno do País e que é incapaz de rectificar e ter iniciativa para darlle a volta á grave situación que sofren milleiros de galegos e galegas, concluiu.