Rajoy comparece ante a prensa para evitar explicar no Congreso a súa politica fracasada

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, valora que a primeira comparecencia desta mañá do presidente do Goberno tras un Consello de Ministros “onde se debería ter producido é no Congresos dosDeputados, nun Debate do Estado, para render contas polas medidas do goberno do PP que nos levan a máis paro e máis crise”.

En concreto, Davila criticou que “Rajoy pretende substituír o debate político do Estado no Congreso por unha comparecencia de prensa”, o que para a deputada do BNG fai concluír que “ou ben quere evitar que outras formacións políticas poidan debater con el ou pretende ningunear a democracia”.

Ademais, a parlamentaria nacionalista lamentou que na súa comparecencia desta mañá o presidente do Goberno “fixese un repaso propagandístico das medidas que adoptou, unhas políticas que contradín todo o que dixo o PP en campaña eleitoral e que en vez de levarnos polo camiño da creación de emprego e do crecemento, a onde realmente nos están empuxando é a máis crise e máis paro”.

O BNG reclama unha vez máis que

se celebre un referendo sobre os recortes

Igualmente, a deputada do BNG repróchalle a Rajoy que “en vez de apostar por mellorar a competitividade da economía apostando pola I+D+i, pretenden facelo abaratando o mercado laboral, precarizando as condicións laborais e recortando os salarios dos traballadores e traballadoras”.

Por todo isto, Olaia Fernández Davila reafirma a demanda do BNG de que se celebre un referendo “para que a cidadanía decida se acepta ou non uns recortes que non ían no programa eleitoral do PP”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG