O PP veta o debate sobre á creación da Comisión de investigación de Angrois

Comparecencia de Francisco Jorquera tras a Xunta de portavoces

Francisco Jorquera anuncia que o BNG levará todas as veces que sexa preciso, e a través de diferentes iniciativas, reclamar que se constitúa a comisión

Xunta de portavoces do Parlamento galego

 O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera amosou hoxe o seu malestar ante o veto do Partido popular a debater no vindeiro pleno a creación dunha comisión para investigar as causas do accidente de Angrois, petición conxunta do BNG e AGE.

Esta petición, dixo, tras a Xunta de portavoces, xa foi debatida en dúas ocasións nas que o Partido popular votou en contra e lembrou que o propio PP en lexislaturas pasadas rexistrou e incluíu en pleno “ate en tres ocasións” unha comisión de investigación cando o grupo popular estaba na oposición, naquel momento, afirmou Jorquera, non houbo “ningún impedimento por parte dos outros grupos” pero agora, “o Partido popular usa a súa maioría absoluta para vetar o debate”.

Polas vítimas e afectad@s do accidente ferroviario é preciso investigar o acontecido en Angrois

Jorquera explicou que o BNG incluíu a proposta para investigar as causas do accidente de Angrois ante novos datos que esixen esclarecer o acontecido e entre os que destacou: a advertencia do xefe de maquinistas de Ourense sobre o perigo da curva de Angrois e a insuficiencia de medidas de seguridade que desmonta a tese de Adif e do Ministerio de Fomento sobre a ausencia de queixas formais sobre o trazado, “ ese aviso que chegou a dez cargos de Renfe” pero non o tiveron en conta. Ademais, deputado tamén fixo referencia ao informe do ano 2002 que alertaba dos riscos da curva de Angrois ao que sumou o auto do xuíz acusando ao Adif de “regatear na seguridade para primar intereses comerciais”.

Comparecencia de Francisco Jorquera tras a Xunta de portavoces

Recurso de inconstitucionalidade contra a LOMCE

Por outra parte, na sesión plenaria tamén será debatida a proposta do BNG para interpoñer un recurso de inconstitucionalidade polo Parlamento galego contra a LOMCE, por “invasión competencial ”.

O deputado denunciou que a finalidade da LONCE non é outra máis que impedir que o ensino se adapte ás diferentes realidades do Estado español e recentralizar a educación.

Para o parlamentario nacionalista, a LOMCE afectará negativamente ao ensino das linguas propias , contidos curriculares, xestión de recursos económicos, avaliación do alumnado e pon en práctica a afirmación do Ministro Wert, “coa LOMCE o que se pretende é españolizar aos alumnos galegos e galegas” por esa razón, o BNG rexistrou a solicitude para interpoñer un recurso de inconstitucionalidade contra unha lei “retrograda e invasora das competencias galegas”.

Fronte ao pucheirazo do PP coa reforma da lei electoral, o BNG quere profundizar na participación democrática

Sobre esta cuestión, o portavoz do grupo nacionalista avanzou que no vindeiro pleno e, a iniciativa do BNG, será debatida unha proposta sobre a reforma da lei de Iniciativa lexislativa popular co fin de axilizar o proceso de participación democrática ampliando o universo das persoas que inicien unha ILP a todas as persoas maiores de 16 anos, reducir a 10.000 o número de sinaturas contemplando tamén as recollidas electronicamente e reducir a un mes o prazo dende a presentación da iniciativa ate o seu debate .

Por outra parte o grupo parlamentario defenderá a petición do cese da Conselleira de Sanidade “por abuso de poder” e o indulto para os dous sindicalistas, Carlos Rivas e Serafín Rodríguez condenados por defender os dereitos do traballadores na folga do transporte

Na quenda de preguntas ao Presidente, Jorquera pedirá que Núñez Feijóo se pronuncie sobre a reforma do aborto impulsada polo Ministro Gallardón e que pensa facer para que as mulleres no teñan que verse obrigadas a abortar en Portugal.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG