Se o PP non rectifica, o BNG emprenderá accións xudiciais contra Jesús Vázquez

Ana Pontón

Jorquera inicia a sesión plenaria cunha cuestión de orde para denunciar a recente entrevista do Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez na que afirma que “Los que se oponen al decreto del gallego non son demócratas"

O portavoz do Grupo parlamentario nacionalista reclamou o amparo da Mesa do Parlamento ante as recentes declaracións de Jesús Vázquez das que dixo, “atentan contra o respecto aos parlamentarios e parlamentarias desta Cámara” e acusa aos que se o poñen ao decreto do plurilinguismo de estar “fora do sistema democrático e apoiar a grupos terroristas”.

Francisco Jorquera esixiu ao conselleiro de Educación, “retractarse na Cámara” destas declaracións por “inxuriosas” e non de ser así, anunciou, queo Bloque Nacionalista Galego emprenderá de inmediato accións xudiciais contra o Sr. Jesús Vázquez”.

O PP tumba a proposta de lei do BNG para a Normalización de usos sociais e públicos da lingua galega

Tras a intervención do portavoz parlamentario, a deputada do BNG, Ana Pontón defendeu a toma en consideración da Lei de Normalización de usos sociais e públicos da lingua galega.

A parlamentaria asegurou que necesitamos leis que “afiancen dereitos sociais e colectivos” que establezan, con claridade, os pasos que hai que dar no proceso normalizador porque, ao seu xuízo, durante estes trinta anos, a Xunta non actualizou nin modernizou o ámbito lexislativo, “vostedes, dixo, queren ter como peza de museo a normalización lingüística”.

Para a deputada, a proposta de lei nacionalista, “é unha oferta en positivo” para ampliar e mellorar o mandato que establece o propio Estatuto de Autonomía no que atinxe á obriga dos poderes públicos a levar adiante o proceso de normalización da lingua galega.

Pontón afirmou que a proposta do BNG tenta poñer en marcha medidas contra a “discriminación do galego” elevando a lei á xustiza e ao propio plano do que establece a lei para etapa de educación infantil, ensino obrigatorio e universitario así acadar a regulación do idioma galego na sanidade, nos medios de comunicación e nas empresas que oferten servizos en Galiza, “sen prexuízo de que empreguen outras linguas oficiais”.

O galego non precisa palabras de amor, quere feitos que demostren que ese amor é real

Esta proposta, asegurou , está reflectida nos principios do plano de normalización lingüística para ampliar a cobertura legal porque a lingua galega, dixo, está nunha “situación crítica” e é preciso actuar, “non queremos máis declaracións de amor do PP para a lingua galega, a lingua non necesita palabras de amor, necesita feitos que demostren que ese amor é real”, sentenciou.

Na votación, o Partido popular rexeitou a proposta nacionalista que contou co apoio de AGE e PSdeG para a súa toma en consideración.

Pontón lembrou que a iniciativa do BNG ía destinada a parar a “política linguicida do PP”, dun goberno dixo, que é o primeiro que en trinta anos goberna en contra do galego, que provoca unha regresión maior da que xa existía e dinamitou todos os consensos, “deberían vostedes estar avergoñados” concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG