Francisco Jorquera censura que un desmedido dispositivo policial impedirá a concentración do BNG na praza da Quintana
Un forte dispositivo policial impediu hoxe o acceso ao casco vello compostelán das persoas convocadas por BNG e CIG a concentrarse contra as políticas da U.E coincidindo coa visita da chancerelesa alemá, Angela Merkel. Rajoy e Merkel adiantaron a hora de entrada na catedral para evitar as protestas.
Rajoy e Merkel deciden en Santiago o futuro de Cañete e De Guindos
O portavoz do Grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, acompañado da portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, o ex-eurodeputado Camilo Nogueira e diversos cargos institucionais, censurou que o cordón policial impedira a entrada d@s afectad@s polas políticas do Goberno de Mariano Rajoy e as políticas inxustas encarnadas,dixo, por Merkel. Estaba programada unha manifestación de emigrantes retornados pero negáronlle o acceso e foron retiradas as pancartas e cartaces, querían manifestar a súa discrepancia coas políticas de Rajoy e Merkel e foron empurrados impedíndolle acercarse á praza do Obradoiro, explicou o deputado.
O que pasou hoxe en Compostela, ,dixo, é unha nova mostra da devaluación da democracia. A cidadanía galega non votou á Sra. Merkel nin o Estado español tampouco pero ela estase a comportar como a emperatriz da Unión Europea aplicando severas políticas de recortes e medidas que degradan dereitos que custou moi conquistar. As políticas de Mariano Rajoy e Merkel sumen á U.E no empobrecemento.
Submisión de Rajoy a Merkel e ás políticas europeas inxustas contra @s cidadanáns
Queremos denunciar a submisión e pleitesía do Goberno de Rajoy a Merkel. É unha vergoña que no encontro desta mañá non inclúan na axenda ningún asunto relacionado cos intereses dos cidadáns e en particular cos intereses de Galiza como a construción do dique flotante, os graves problemas da flota pesqueira galega ou sector lácteo. O encontro, recalcou, só serve para colocar aos seus na Unión Europea, a De Guindos como presidente do Eurogrupo e ao machista Arias Cañete de Comisario europeo.
De Guindos, abondou Jorquera, é o responsábel no Estado español de aplicar políticas que sacrifican os intereses dos cidadáns aos ditados da Banca e se resulta presidente do Eurogrupo será un premio polas políticas que conducen á ruína a amplos sectores sociais. Pola súa parte, Cañete sempre deu as costas ante a U.E á pesca galega e ao noso agro.
Denunciamos os recortes suicidas que están levando a Galiza á Ruína, concluíu.