Jorquera: “Sector Naval e Novagalicia Banco, cuestións de Estado para Galiza”

O nacionalista acusa a Feijóo de mandar aos alcaldes cunha “pancartiña” a Madrid e ofrecer Novagalicia Banco como “agasallo de Papá Noel” á Banca española

Intervención de Francisco Jorquera no Parlamento galego

Pleno-. Na quenda de pregunta na sesión de control ao Presidente da Xunta, o portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera volveu preguntar a Núñez Feijóo qué vai facer ante a venda de Novagalicia Banco e co sector naval porque para o BNG, afirmou “son dúas cuestións de Estado para Galiza”.

O deputado lembrou que os datos do paro confirman un ascenso coa destrución de 5.000 empregos en Galiza nun só mes mentres en España baixa o desemprego, situación. Para que o Presidente, experto en escapismo no saía “por peteneras” falando do paro en Villanueva del Pardillo ou Bollulos Par del Condado, dixo, explicou Jorquera, o BNG reiterara a súa pregunta Sr. Feijóo: Cáles son previsións do Goberno galego con Navantia e Novagalicia Banco?.

O portavoz do BNG asegurou que Galiza necesita de crédito que financien a súa economía e o Sector Naval resulta estratéxico porque “se morre o Naval, morre Ferrol”.

“Vostede non ten capacidade nin vontade” e confunde ser Presidente con ser xefe dos informativos ou un tertuliano do “Foro Alberto da TVG”, espetoulle Jorquera a Feijóo.

Ademais, na súa intervención criticou que o Presidente da Xunta enviara aos alcaldes populares e cargos institucionais a Madrid “cunha pancartiña” mentres segue sen exercer como máximo mandatario en Galiza e non reclama ante o Goberno central que “non sexa enterrado o noso Sector naval”, demande a participación da Xunta para corrixir esta situación dotando de autonomía os estaleiros de Ferrol.

Jorquera asegurou que o Goberno central actúa de “axente comercial” de Repsol e Gas Natural en Arxentina, para que logo “encarguen os gaseiros a Corea e Xapón.

Novagalicia Banco, agasallo de Papá Noel á Banca española

 

O nacionalista lembrou que no último pleno, Feijóo afirmou que aspiraba á solvencia e compromiso da entidade con Galiza pero os datos que imos coñecendo confirman que a venda será “un agasallo de Papá Noel á Banca española, un agasallo a costa de diñeiro público e aforro de todos os galegos e galegas.

Na quenda de réplica e tras preguntar Feijóo polo proxecto económico do BNG para Galiza, Jorquera respondeu que as preguntas de control formulas o grupo parlamentario, non o Presidente á oposición.

Esixiu vostede, preguntou, o levantamento do veto a Fene, o levantamento das restricións á construción naval civil, qué foi dos seus compromisos de centros de reparacións navais e do dique flotante, que foi do flotel, Sr. Feijóo?

Polo que respecta a Novagalicia Banco, o parlamentario advertiu que o comprador poderá descontar até 4.500 millóns de euros no pago de impostos e reiterou que o Estado non está obrigado a vendela pero o Presidente da Xunta parece que está moi interesado en facerlle “un traxe a medida” para a súa venda a un banco español facilitando condición máis favorábeis para os bancos que para os fondos.

Neste sentido preguntou se pensa entregarlle os nosos aforros a Botín, Francisco González ou Fainé, vostede a servizo de quén está?. Reclame a paralización da venda ou a sociedade galega lembrarao para sempre como “un traidor ao seu País”, concluíu

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG