O nacionalista preguntou por terceira vez cando vai asumir responsabilidades o presidente da Xunta polo escándalo dos cursos de formación
Ate tres veces leva formulado o portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera a pregunta a Feijóo sobre as súas responsabilidades no escándalo dos cursos de formación investigados xudicialmente sen acadar ningunha resposta do Presidente da Xunta.
O parlamentario confirmou que o BNG insistirá nesta cuestión ate que o titular do Executivo galego ofreza explicacións convincentes e lanzoulle o retou para comparecer na Cámara a vindeira sesión plenaria, petición á que Feijóo non respondeu.
Vostede négase a comparecer e a crear unha comisión de investigación para non politizar, a ver se vai resultar que vostede e o resto dos cargos do Partido popular citados no sumario non son políticos, e no Parlamento non se pode facer política.
Neste sentido, abondou que facer política tamén é investigar se a Xunta fixo un bo uso dos recursos públicos para cursos de formación e acusou a Feijóo de construír unha cortina de fume para ocultar as súas responsabilidades, é un mestre, dixo, manexando o ventilador.
O que nomeou ao director xeral, Odilo Mantiña, agora imputado, foi vostede e non é certo que fora a Xunta a que propiciara a investigación xudicial. Tamén é falso que o anterior Goberno, en funcións, concedera cursos ás empresas de Crespo, outra falsidade que segue mantendo para desviar a atención, remarcou o nacionalista.
Jorquera tamén explicou que non é delito conceder subvencións, o delito, o delito prodúcese cando cargos públicos e dirixentes do Partido popular usan as súas influencias para favorecer a empresas, que segundo o sumario tivesen financiado ilegalmente ao PP.
Tras as evasivas de Núñez Feijóo a responder, deputado do BNG replicou que o Presidente da Xunta e tamén do Partido popular galego, prefire seguir co ventilador para non dar explicacións dos presuntos casos de corrupción entre eles dixo, varios exemplos nas bancadas populares.
En política, Sr. Feijóo, é suficiente a sospeita fundada dun comportamento pouco íntegro para poder sancionar e vostede non quere asumir algo tan elemental a pesar de que os indicios apuntan a que estamos ante unha trama de financiamento ilegal coa conivencia ao máis alto nivel.
Pensa vostede dimitir, si ou non!
Finalmente, portavoz do BNG no Parlamento galego preguntou a Feijóo se está en condicións de afirmar ante o Parlamento que descoñecía que De Lucas traballaba de conseguidor para trama e taén para desmentir que advertiu a De Lucas dos pinchazos telefónicos.
No sumario, alúdese a pagos en B por parte da trama ao seu partido. Pode vostede afirmar que isto tamén é falso? E se a investigación demostra o contrario, comprométese vostede a dimitir? concluíu Jorquera.