O nacionalista pediu explicacións o Presidente da Xunta das súas relacións con Pachi Lucas, acusado por Gerardo Crespo de abreportas e percibir 3.000 euros mensuais na fraude dos cursos de formación.
A pregunta do portavoz do Grupo Parlamentario do BNG, Francisco Jorquera ao Presidente da Xunta sobre a súa responsabilidade na fraude dos cursos de formación investigados pola xustiza dentro da Operación Zeta e que xa provocou o cese de cinco altos cargos na Consellería de Traballo, suscitou hoxe un bronco debate ao acusar o nacionalista a Núñez Feijóo de evitar explicacións, de maneira continuada sobre este escándalo.
O deputado, denunciou que o Presidente da Xunta e o seu Goberno seguen sen render contas, a pesar de as responsabilidades non atinxen só a conselleira de Traballo e o propio sumario relaciona a Feijóo con implicados na trama.
Diñeiro en sobres B para financiar o Partido popular
O parlamentario explicou que a antiga contábel de Gerardo Crespo afirmou na súa declaración ter preparado dou sobres da Caixa B destinados ao Partido popular e o sumario revela relacións privilexiadas de Crespo con cargos do Partido popular como o alcalde da Coruña, Carlos Negreira acudindo a miúdo a el para conseguir adxudicacións como recolle o sms me siento amparado y muy feliz del alcalde amigo que tengo, que profundo sentido da amizade teñen vostedes!, ironizou o nacionalista.
O sumario compromete á consellería de Traballo, o Instituto Galego de Consumo e ao propio conselleiro de Industria do seu primeiro goberno, cuando salgan las ayudas presentaos y me llamas...tendreis nuestro apoio.Esto no se puede publicar, isto foi o que lle dixo Javier Guerra a Gerardo Crespo, afirmou Jorquera.
Pachi lucas amigo de Feijóo e de pernotar en Monte Pío
O debate aumentou de intensidade cando o nacionalista asegurou que as declaración de Crespo recollidas no sumario comprometían ao propio Feijóo, Si yo tengo en plantilla a su mejor amigo, que duerme muchas veces en Monte Pío, lo mínimo es avisarme, tienes pinchado el teléfono.
Para o nacionalista, estamos ante unha trama coñecida e consentida o máis o alto nivel, vostede, Sr.Feijóo e volveu preguntar se o Presidente da Xunta vai asumir a súas reponsabilidades no escándalo dos cursos de formación.
Na quenda de réplica Jorquera reiterou que a fraude dos cursos concentraron axudas en entidades dirixidas por un empresario vinculado ao PP sen que por parte da consellería de Traballo se teñan xustificado os motivos desa concesión.
Queremos que nos aclare as súas relacións con Pachi Lucas, un señor que estaba en nómina de Gerardo Crespo e fixo campaña para o Partido popular e vostede, ata seis veces, tras o último consello da Xunta evitou dar explicacións a pesar das declaración de Crespo nas que afirma que foi vostede o que avisou a Lucas dos pinchazos telefónicos.
A que se refire o Señor Crespo cando nunha mensaxe afirma que vostede vai ser clave e Lucas escribe a Crespo, comiendo en Beluso, Presidente, Mar !Todo bien!
Se vostede non explica, de maneira convincente todo isto, teremos que exixir a súa dimisión, rematou Jorquera.