Jorquera: “Non agardamos nada de Feijóo ”

Jorquera comparece en rolda de prensa

Francisco Jorquera acusa ao Presidente da Xunta de “mentir” sobre o chamamento ao "dialogo"Francisco Jorquera

O portavoz do grupo Parlamentario do BNG acusou hoxe ao Presidente da Xunta de Galiza de “mentir” cando apela ao dialogo co resto das forzas parlamentarias co fin de chegar a acordos, “non agardamos nada del, nin unha mala palabra nin unha boa acción” dixo sobre a próxima intervención de Núñez Feijóo no Debate do Estado da Nación que comeza mañá na Cámara galega.

O nacionalista comparou o chamamento o “dialogo” do Presidente da Xunta cos diferentes acordos parlamentarios que o PP  incumpriu entre os que destacou: o Plan de Normalización Lingüística, preservar o aforro galego, defender o sector naval ou posicionarse en contra do copago de medicamentos.

Na súa comparecencia ante os medios de comunicación para avanzar as liñas do Debate do Estado da Nación que principia mañá na Cámara galega, o parlamentario anunciou que servirá para confrontar dous modelos: o defendido por Feijóo que utiliza a Xunta como unha xestoría e delegación do goberno central que non reclamou ningunha nova competencia nin executou as que ten e conducindo a Galiza “á irrelevancia política”, e o modelo do BNG como “proxecto de país” e contra contra a crise económica.

Feijóo, actúa como “colaborador necesario” do espolio de Galiza.

O BNG no debate, dixo, “non vai a axudar” a que Feijóo escriba o seu argumentario, o BNG encara o debate como explicación de propostas e alternativas aos problemas “reais de Galiza” e contra o proxecto “submiso” de Feijóo.

Jorquera comparece en rolda de prensa

A estratexia do Presidente da Xunta, explicou Jorquera é clara e mesmo chegou a verbalizala cando afirma que a oposición ao remate da lexislatura será recordada por insultos e falta de propostas, desta maneira, dixo Jorquera, Feijóo pretende xustificar unhas políticas que resultaron “ruinosas” para Galiza, “nós non convertemos o Parlamento nun circo, enfatizou e faremos escoitar na Cámara a voz da rúa e dos problemas”.

Céntimo sanitario, subida do carburante e soldos dos deputad@s

A preguntas dos xornalistas sobre o novo imposto do combustible, o parlamentario do BNG criticou que o Presidente da Xunta, nun momento de crise, sega cargando sobre os impostos indirectos que non discriminan as rendas individuais, “é unha medida regresiva”, dixo, que dificultará a recuperación económica. O nacionalista reiterou que o BNG reclama un imposto sobre as grandes superficies, ás empresas contaminantes e operar sobre o tramo autonómico do IRPF.

O portavoz do grupo parlamentario tamén foi interpelado sobre a retribución dos soldos dos deputad@s dos que dixo, “sempre avogamos pola súa total tributación” e coincidiu co Portavoz Nacional do BNG, Xavier Vence cando critica os que pretenden “desviar o foco de atención nunha cuestión menor” ante a celebración dun debate de “gran relevancia” no que serán discutidos os problemas importantes de Galiza.

Sobre a reforma local, o parlamentario defendeu a “insubmisión” á reforma que desmantelará servizos básicos nos concellos coa única intención de “privatizalos”, concluíu.

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG