Jorquera a Feijóo: “Vostede fai trampa, anuncia unha baixada de impostos que non é tal”

Feijóo responde a Jorquera en sesión plenaria

Francisco Jorquera acusa ao Presidente da Xunta de enganar aos galegos e galegas anunciando que baixa os impostos ás rendas máis baixas

Jorquera interpela a Feijóo

 Vostede fai trampa anunciando unha rebaixa do tramo autonómico do IRPF, (unha dedución media de 45 euros ao ano, 3, 5 euros ao mes), vostede “engana a todos os galegos e galegas ao afirmar que baixa os impostos ás rendas máis baixas”. Desta maneira, iniciou a súa pregunta o portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera na sesión de control de preguntas ao Presidente da Xunta.

O deputado explicou que só con encher dúas veces o depósito do coche ao mes, a suba do céntimo sanitario significará un gasto maior. Ademais lembrou que e o tramo estatal do IRPF establecido no ano 2012 consolidase no 2014 por decisión de Rajoy o que “tampouco ía subir o IVA nin outros impostos”.

En situación de crise económica, o PP sobe os impostos aos que menos teñen

Sobre o imposto a carburantes para financiar a Sanidade, o nacionalista preguntou a Núñez Feijóo se está axustado a unha finalidade específica non orzamentario como esixe o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, cuestión que o Presidente da Xunta obviou responder na súa intervención.

“Sube o 30 por cento polo canon da auga, repagos nas prestacións e servizos públicos, sube o lixo, os galegos pagaremos máis pola luz” Sr. Feijóo, a consecuencia inmediata será que pagarán máis os que menos teñan a pesar de que foron vostedes os que afirmaron que a “máis impostos igual a máis paro” porque seguen entón “enganando a todos os galegos e galegas”.

Feijóo responde a Jorquera en sesión plenaria

Na quenda de réplica, Jorquera recomendou a Feijóo ler o proxecto de orzamentos do Partido popular e comprobar como soben os impostos, sobre todo “os impostos indirectos”.

O seu “crecemento solidario”, dixo, significa suprimir o préstamo de libros de texto e reducir as axudas en máis dun 25 por cento, eliminar os comedores escolares e xa hai nenos que “por comida teñen un bocadillo”, recortan as pensións e establecen repago nos medicamentos dos nosos maiores que teñen que malvivir por non ter cartos para os medicamentos.

Ademais, impoñen “un repago” aos doentes con patoloxías crónicas, un imposto á enfermidade que obrigará a sobrevivir a un cancro, en función da renda do doente

Imposto para o  que menos teñen fronte ao fraude fiscal de grandes empresas

Máis de 40.000 millóns de euros defraudan ao ano as grandes empresas e grandes fortunas no Estado español e esa é a causa, afirmou de que a recadación fiscal sexa “nove puntos inferior á media europea” situación que se agrava en En Galiza por sistema de financiamento que nos condena a unha dependencia crónica do Estado e non asegura a nosa suficiencia.

Mentres isto ocorre, criticou Jorquera, o PP prefire conceder “amnistías fiscais aos grandes defraudadores, baixan os salarios e pensións e afogan con repagos aos que menos teñen”, concluíu.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG