O portavoz parlamentario do BNG pediu explicacións ao presidente sobre o convenio asinado pola Xunta que rebaixa ata un 60% a taxa que paga ENCE por usar o Porto de Ribadeo. Para facerlle un favor a ENCE, afirmou Jorquera, perdemos medio millón de euros ao ano
Pleno.- O portavoz parlamentario do BNG preguntou hoxe a Núñez Feijoo se está disposto a rectificar e escoitar o clamor de Pontevedra contra a prorroga de 60 anos a ENCE, pola pasta dixo, o nacionalista, un goberno en funcións entrega o dominio público da ría a unha empresa privada para que gañe 2.000 M.
Un convenio da Xunta permite que ENCE utilice o porto de Ribadeo cunha rebaixa do 60% na taxa
Francisco Jorquera pediu explicacións ao presidente sobre o convenio asinado pola Xunta que rebaixa ata un 60% a taxa que paga ENCE por usar o Porto de Ribadeo e afirmou que para facerlle un favor a ENCE, con este convenio, perdemos medio millón de euros ao ano.
O convenio, abondou, xustificarono para non perder tráfico de mercadorías pero resulta que nin sequera o condicionan a que se manteña. Movimientos necesarios hasta la implantación operativa del proyecto que ENCE ha acordado con FEVE y el puerto de Gijón para el trasporte por ferrocarril con origen o destino en nuestra factoría de Navia,isto é o que figura no convenio, dixo o nacionalista, un convenio feito por ENCE e que a Xunta limitouse a asinar. Asinar o que lle ditan os Lobbies e as multinacionais
O PP regala a ría de Pontevedra a unha empresa privada
A prorroga de ENCE, insistiu o deputado é todo un exemplo de para quen gobernan, aos mariñeiros do cerco coas portas no nariz e a ENCE, portas xiratorias.
Vostede, dixo Jorquera, non pode dar a calada por resposta e supeditar o interese xeral aos dun consello de administración no que están colocados Isabel Tocino, Carlos del Álamo e outros amigos.
Feijóo apela aos postos de traballo en ENCE
Tras a resposta do presidente da Xunta xustificando a prorroga advertindo da perda de postos de traballo no caso de non concedela, Jorquera pediu a Núñez Feijóo que non siga utilizando o emprego como coartada xa que ENCE é o sector nº 20 na xeración de emprego en Pontevedra, ENCE, destrúe máis emprego do que crea recalcou.
Lores: ENCE mantén un fío directo co Partido popular e as cloacas do Estado.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado da concelleira Carme da Silva e do representante do Movemento veciñal, Juan Loureiro asistiu ao debate da pregunta de Francisco Jorquera ao presidente Feijóo. Tras o debate, a preguntas dos xornalistas, Lores manifestou que os galegos regalamos ao ano cinco millóns de euros en auga a ENCE.
Sobre o convenio da Xunta para rebaixar as taxas de ENCE no porto de Ribadeo, Fernández Lores afirmou que ENCE mantén un fío directo co Partido popular e coas cloacas do estado. ENCE, recalcou está en Pontevedra restando rendabilidade económica.
Lores acusou ao Partido popular de servilismo ao poder económico e agora volve a condenarnos á contaminación 60 anos máis cheirando un fedor horrible. Sobre os empregos que crea ENCE, o alcalde de Pontevedra afirmou que é unha porcentaxe mínima fronte o que destrúe noutros sectores produtivos.