Jorquera a Feijóo: "Onde estaba vostede mentres Galiza ardía polos catro costados?"

O deputado acusou  a Feijóo de “ocultar a verdade” por afirmar que o BNG apoiou unha emenda para reducir dous millóns de euros na extinción de incendios,  o BNG, dixo Jorquera, apoiou a emenda para destinar esa cantidade a prevención de incendios forestais

Feijóo responde a Jorquera que o Monte Pindo “non pode ter máis protección da que ten”, tras preguntar o nacionalista se pensa declarar Parque natural o Pindo e zona catastrófica o concello de Carnota

Pleno-. O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera preguntou hoxe ao Presidente da Xunta onde se atopaba mentres Galiza ardía polos catro costados porque desta volta non foi ao monte “mangueira en man e lucindo zapatitos castellanos” máis ben, dixo, todo o contrario, a súa ausencia foi clamorosa mentres se calcinaba o Monte Pindo e outros incendios asolaban Galiza.

Jorquera tamén preguntou a Feijóo se vai ser declarado Parque Natural o Monte Pindo é zona castastrófica Carnota ao que o Presidente da Xunta respondeu que o Monte Pindo “non pode ter máis protección da que ten” por estar incluído na Rede Natura. Para o nacionalista, esta afirmación é “falsa” xa que as condicións de protección non son as mesmas.

Feijóo volve a mentir no Parlamento galego

Ante as críticas do BNG á política forestal do PP, Feijóo acusou aos nacionalistas de votar a favor dunha emenda socialista nos orzamentos que reducía en dous millóns de euros a cantidade destinada a extinción ocultando que, en realidade, “o BNG apoiou destinar esa cantidade para a prevención de incendios forestais”.

Neste sentido, o deputado acusou a Núñez Feijóo de “agocharse detrás dos incendiarios para tapar o fracaso da súa política” unha política, afirmou, que destina centos de millóns ás empresas de extinción en troques de promover a agricultura e a gandeiría como actividades económicas que dinamicen a terra porque, en realidade, “ese é o problema de fondo”, dixo.

“O que non xestiona o home, xestionao o lume” e a súas políticas conducen ao abandono e desertización do campo e do monte. Producimos, explicu, o 50% da madeira do Estado pero Galiza só representa o 13% do emprego, “vostedes, contribuiron a crear unha autentica economía do lume” e fixerono reducindo os medios e persoal con máis formación e experiencia.

Feijóo segue na oposión do ano 2006

Na súa intervención, Jorquera retou a Feijóo a explicar canto do queimado se debe a pirómanos e canto a improvisación e irresponsabilidae do goberno parafraseando ao propio Presidente da Xunta na oposición ao goberno bipartito, “mirese ao espello” espetoulle, porque é certo que hai incendiarios pero tamén hai “políticas incendiarias” e vostedes son responsables de cargarse as UXFOR e meter no conxelador o banco de terras.

Finalmente, o parlamentario do BNG lamentou a indefensión dos vecinos e veciñas aos que o lume amenazou ás súas casas xerando situacións de grande perigo e criticou que dende hai uns días, a Xunta desmantelara o dispositivo de extinción de incendios.

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG