Jorquera entrega a Feijóo un paquete de medidas contra a corrupción

Feijóo responde a Jorquera

O deputado censurou o formato de comparecencia do Presidente da Xunta no que os grupos parlamentarios falaron dez minutos e Feijóo utilizou  como “plató de televisión”

O portavoz do G.Parlamentario do BNG, Francisco Jorquera censurou a intervención de Feijóo da que dixo pasou de “puntillas” sobre os asuntos máis espiñentos de corrupción que salpican ao Partido popular en Galiza e ao seu goberno. “Vai acabar comparecendo a través dunha pantalla de plasma” despois de utilizar o Parlamento como “un plató de televisión”.

Na súa intervención, o portavoz nacionalista anunciou que, a pesar do veto do PP que impediu presentar propostas aos grupos parlamentarios, o BNG faría entrega a Feijóo de seis medidas para a rexeneración democrática e loitar contra a corrupción.

O BNG esixe contundencia ante a corrupción

Baixo os epígrafes: Protección da representación pública da influencia dos grupos de presión, protexer as políticas e os servizos públicos, persecución efectiva dos delitos de corrupción, impulsar a transparencia ou aprobar o ditame da comisión non permanente contra a corrupción con medidas efectivas no plano político, institucional e normativo foron algunhas das achegas do BNG nunha sesión plenaria na que Feijóo non aludiu a ampla lista de imputados do Partido popular.

Feijóo responde a Jorquera

“Vostede sacrificou a cabeza do director de Sogama para que non interferise neste debate” o mesmo que fixo Rajoy con Ana Mato pero non actúan con “contundencia” ante os verdadeiros casos que afectan ao PP, recalcou.

Para o portavoz parlamentario do BNG , hoxe Feijóo tampouco deu explicacións das “súas amizades perigosas” con Marcial Dorado ou Pachi Lucas, polo que volveu preguntar que significa para Feijóo a transparencia e o impulso democrático,vetar a comisión de investigación sobre os cursos de formación?, utilizar o Parlamento de teatro para o seu “lavado de cara”?, paralizar a comisión de medidas contra a corrupción?. As súas propostas, afirmou, “son fume” e hai un refrán que di que “non se pode poñer ao raposo ao coidar o galiñeiro”.

Corrupción, é valerse da crise para chuchar ao de abaixo e engordar aos de arriba

Corrupción, insistiu é desamortizar o patrimonio público entregándollo aos Lobys privados, que o señor Juncker negocie “ás agachadas” coas multinacionais para que usen Luxemburgo como paraíso fiscal, que Bárcenas estea na rúa mentres vostedes instauran a cadea perpetua revisábel ou lexislar a favor das eléctricas cando a xente non ten para pagar a luz, para despois sentar nos seus consellos de administración a destacados responsábeis do Goberno.

Corrupción, tamén é que grandes empresas financien a algún partido a cambios de que estes gobernen por elas facendo de correa de transmisión dos intereses das elites económicas. Para rematar con esta lacra é necesario un cambio e nesa liña, van as propostas do BNG.3

Está disposto preguntou Jorquera novamente a Feijóo a reverter a xestión privatizada dos servizos dependentes da Xunta, a rescatar a concesión da autovía da Costa da Morte? Porque esas son as prácticas coas que hai que acabar.

Esta disposto a acabar coas portas xiratorias? a reclamar endurecer o castigo penal para os casos de corrupción, impedir os indultos, agás por motivo de urxencia humanitaria, a independencia, publicidade e transparencia nas axudas a medios de comunicación privados, asegurar o cumprimento da Lei de transparencia, a celebrar consultas populares ou renunciar a modificar da lei electoral no seu beneficio, sí ou non?, concluíu Francisco Jorquera.

DESCARGA:

Propostas do BNG contra a corrupción.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG