O portavoz parlamentario, Francisco Jorquera acusa ao Presidente da Xunta de non apostar pola política industrial galega e perderse en meras aparencias.
Francisco Jorquera compareceu ante os medios de comunicación ao fin de dar conta dos asuntos tratados na Xunta de portavoces.
O parlamentario nacionalista acusou ao Presidente da Xunta de non apostar pola política industrial galega e manter unha postura de meras aparencias mentres o tecido industrial se desmantela, empresa que abraza Feijóo, dixo, empresa que acaba na UCI como está a acontecer con Navantia, Barreras, Pescanova ou Alimentos Lácteos.
Neste sentido, no vindeiro pleno, Francisco Jorquera preguntará ao Presidente da Xunta si pensa facer algo contra o desmantelamento industrial de Galiza porque resulta evidente a desmontaxe do tecido produtivo no noso país.
O deputado tamén indicou que non existiu ningunha consulta formal por parte do Goberno español sobre si a construción dun dique flotante na ría de Ferrol conculcaba as normas europeas de libre competencia contradicindo a versión oficial do Goberno central e foi avalada pola Xunta de Galiza.
Por outra parte, Jorquera tamén aludiu ao desmantelamento do sector financeiro de Galiza que está a provocar a asfixia de multitude de empresas.
O PP impide que Feijóo compareza para render contas
Na Xunta de portavoces foi debatida a solicitude de comparecencia de Núñez Feijóo na Cámara galega para render contas da súa xestión sobre a precariedade laboral en Galiza e o anteproxecto de Administración local, novamente o PP vetou esta petición.
Menos Relixión e más Educación
O portavoz nacionalista avanzou algunhas das preguntas parlamentarias que formulará o BNG na vindeira sesión plenaria entre as que destacou, a nova taxa para os comedores escolares, unha medida, manifestou , que atenta contra a concepción do ensino como servizo público e explicou que este recorte é xustificado por Feijóo de maneira perversa cando afirma que os parados non deben pagar a gratuidade dos servizos públicos, sen embargo Feijóo defende que os parados paguen os 20 millóns que se destinan en Galiza a pagar aos profesores de relixión, 240 millóns de euros para centros concertados e tres millóns de euros destinados a centros privados que segregan ao alumnado por razón de xénero.
Sentenzas xudiciais contra a segregación
O parlamentario anunciou que o BNG instará a Xunta, a través dunha Proposición non de lei, anular os convenios de maneira definitiva cos centros privados concertados que segregan ao alumnado.
Neste sentido engadiu que existe unha sentencia do Tribunal Supremo contra a segregación do alumnado, o PP debe acatar esta sentencia e a do TSXG que cuestiona os concertos con estes centros.
Jorquera concluíu avanzando outras cuestións que serán debatidas tamén no pleno entre as que nomeou, a garantía de servizos ferroviarios en Galiza, instar a Xunta a paralizar os dous edificios da Cidade da Cultura e destinar o 50% dos fundos da Fundación do Gaiás para o apoio e divulgación da cultura galega. Parar os desafiuzamentos e que a Xunta emprenda medidas contra o reparto das cotas pesqueiras.