Jorquera: "Os datos do paro confirman a política de austericidio do Partido popular en Galiza"

Montse Prado considera "tremendamente negativos" os datos do paro que sitúan a Galicia en 292.823 desempregad@s, subindo en febreiro 2.033 parados

Máxima preocupación no BNG polo desemprego

O portavoz do grupo parlamentario nacionalista, Francisco Jorquera, acompañado da portavoz de Traballo Montse Prado, afirmou hoxe ante os medios de comunicación, que os datos do desemprego confirman as peores consecuencias dunha política de emprego de “austericidio” e por moito que Feijoo pretenda “edulcorar as cifras”,  o paro volve a medrar en Galiza cun “rimo superior á media estatal”.

Para a portavoz de Traballo, Montse Prado, os datos rexistrados nas oficinas de emprego confirman que “o control do déficit” deseñado por Núñez Feijoo segue castigando a Galiza “cun alto prezo”.

A deputada  criticou que o Goberno galego priorice "aos bancos antes que as persoas ", circunstancia que está a levar a “situacións dramáticas” a miles de familias.

Para a nacionalista, as políticas de emprego do Partido popular no Estado e de Núñez Feijoo están a ter “uns custes altísimos no noso país” como demostra a cifra de 292.823 desempregad@s a finais de febreiro con 2.033 parados e paradas novos ao que hai que sumar as previsións do Goberno galego para o ano 2013 “cun aumento do 2 por cento”, entre os dous primeiros meses do ano, expliocu, esta cifra xa se duplicou situandose no 5%. Prado criticou que o Presidente da Xunta presuma de cumprir o déficit mentres o paro en Galiza, “segue incrementándose”.

“Nin a reforma laboral, nin a baixada de salarios, nin a eliminación das pagas extras”, dixo, están a surtir un efecto positivo para crear emprego, “as políticas do Partido popular están feitas contra os traballadores/as non para crear emprego nin incentivar a economía”.

O portavoz do grupo parlamentario nacionalista, Francisco Jorquera afirmou que os datos do desemprego confirman as peores consecuencias dunha política de emprego de “austericidio” e por moito que Feijoo pretenda “edulcorar as cifras”, explicou, o paro volve a medrar en Galiza cun “rimo superior á media estatal”.

Neste sentido, lamentou a "hecatombe" das políticas del PP galego na Xunta de Galicia e criticou a Feijoo por ser "más papista que el Papa" no cumprimento del déficit polo que tivo que renunciar “a 300 millóns de euros que permitirían crear "11.000 empregos".

BNG-AGE e PSdeG piden conxuntamente que Feijoo compareza e explique o "impacto negativo" da corrupción na economía galega

O portavoz do Grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera anunciou  que os tres grupos, BNG-AGE e PSdeG piden conxuntamente a comparecencia urxente do Presidente da Xunta e do PP en Galiza para que explique, en sede parlamentar, o “impacto da corrupción” no desenvolvemento da economía galega.

Jorquera destacou que existe un clima de "alarma e indignación social" e Feijoo ten unha doble responsabilidade como Presidente da Xunta e presidente do Partido popular galego polo que debe "esixir dimisións" e iniciar os trámites para disolver a corporación municipal de Sanitago de Compostela.

Trala presentación do escrito no rexistro do Parlamento galego, o PP desestimou a petición dos tres grupos parlamentarios impedindo que  Feijoo  comparerá para falar de corrupción.

Moción de censura ao alcalde do BNG en Vimianzo

A preguntas dos xornalistas sobre a moción de censura presentada contra o alcalde nacionalista, Manuel Antelo no concello de Vimianzo, Francisco Jorquera reclamou das direcións do PSdeG y PPdeG "adoptar todos os medios a seu alcance" para evitar a volta á "corrupción" no concello de Vimianzo.

Jorquera agarda que “non se trate única y exclusivamente de palabras", as pronunciadas polas direcións do PSdeG e PP, cando afirmaron desautorizar a moción de censura contra o alcalde do BNG, Manuel Antelo.

O nacionalista reclamou unha reacción para "evitar consumar una moción de censura que conculcaría" a "libre elección" da cidadanía de Vimianzo. Ademáis, Jorquera asegurou que esta é unha oportunidade de "demostrar a vontade de adoptar medidas rotundas" contra la corrupción.

Pescanova

El portavoz parlamentario del BNG, Francisco Jorquera reiterou a "preocupación" do BNG pola "destrucción acelerada del tecido produtivo productivo" en Galiza e considerou que a actual situación de Pescanova é "un exemplo máis" deste problema.

Preguntado pola la empresa en preconcurso de acreedores, Jorquera considerou que se trata dun eslabón da cadena de "destrucción" do aparato productivo e do "deserto económico".

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG