Jorquera amósase convencido de que "hoxe o noso país iniciará un cambio de rumbo"

Francisco Jorquera e a súa muller no momento da votación

. O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, cualificou o de hoxe de “día decisivo para Galiza porque vivimos tempos en que está en xogo que modelo de sociedade queremos e que futuro queremos para Galiza”.

Neste sentido, Jorquera expresou o seu desexo de que a sociedade galega acuda a votar “masivamente porque vivimos tempos importantes”.

Asemade, o candidato amosouse convencido de que “hoxe o noso país iniciará un cambio de rumbo e que a Galiza lle espera un futuro mellor despois destas eleccións”.

En resposta ás perguntas dos xornalistas, Francisco Jorquera explicou que pasará a xornada electoral descansando coa súa familia e a última hora da tarde desprazarase á Sede Nacional do BNG dende onde seguirá os resultados das eleccións.

Jorquera acudiu a votar acompañado da súa muller, dos candidatos Ana Luisa Bouza e Suso Bermello, e do portavoz municipal do BNG, Xosé Manuel Carril, así como de algúns militantes e cargos orgánicos do BNG.

 

http://youtu.be/1H9he0Lomdw

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG