Jorquera acusa a Feijóo de axudar a "engordar ás grandes eléctricas"

O nacionalista denunciou a situación de “pobreza enerxética” de cen mil fogares galegos e o derrube da industria galega a pesar de ser Galiza excedentaria en produción eléctrica.Mentres cen mil familias galegas non poden pagar a luz,dixo, as eléctricas suman case 6.000 millóns de euros en beneficios e o PP segue negando  o debate sobre  a aplicación dunha "tarifa eléctrica galega"

Jorquera formula a pregunta a Feijóo dende o escano

Feijóo responde a Jorquera

Pleno.- O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera volveu preguntar hoxe ao presidente da Xunta pola situación enerxética en Galiza onde cen mil fogares viven unha situación de “pobreza enerxética” por non poder pagar o recibo da luz a pesar de sermos “un país excedentario en produción eléctrica”.

O BNG lamenta o novo sinistro marítimo

O parlamentario iniciou a súa intervención da pregunta ao presidente, lamentando o novo sinistro marítimo coa desaparición de tres mariñeiros de Boiro producido onte ao naufragar o barco bateeiro Paquito II en Corrubedo e trasladou no seu nome, e no BNG as condolencias ás familias e achegad@s.

As eléctricas gañan 6.000 millóns de euros mentres 100.000 familias galegas viven en “pobreza enerxética”

Xa no debate, Jorquera afirmou que o déficit tarifario é “un timo” que pagamos tod@s para engordar ás grandes eléctricas e lembrou que Galiza é un país excedentario en electricidade pero, a pesar diso, cen mil familias galegas viven en pobreza enerxética e 800 persoas morren ao ano por doenzas ou accidentes relacionados co frío.

A tarifa subiu un 77% nos últimos anos, “o maior incremento da Unión Europea”, varias empresas anuncian despidos por non poder asumir os custes enerxéticos, a desfeita do concurso eólico do Partido popular e o parón decretado polo Goberno central provocan a ruína das renovables, Megasa e Alcoa poden perder 600 empregos directos.Feijoo responde

e se pecha Alcoa (Coruña), dixo, tamén periga Alcoa-San Cibrán con boa parte da produción de alúmina para abastecer as fábricas de aluminio da Coruña e Avilés. Ante este panorama que constata o derrube da industria galega preguntou, que pensa facer vostede, Sr.Feijóo ? porque o seu Goberno anuncia un Plan de Reindustrialización pero “non fai nada para frear este desastre”.

Marco regulatorio “aberrante”

O parlamentario tamén preguntou se o Goberno galego está disposto a defender as competencias propias porque, “Alcoa non quere negociar en Galiza o despido colectivo na planta da Coruña”. Vai esixir vostede unha solución provisional que evite o peche destas empresas?.

Jorquera prepara a réplica no escano

Jorquera denunciou que o sistema de subastas beneficia ás empresas menos intensivas no uso da electricidade que poden poxar á alza impedindo que as empresas podan planificar a medio e longo prazo. Con este sistema, dixo, resulta imposible apostar pola industrialización e o investimento.

 Feijóo, cabalo de Troia en Galiza

Porque coñecemos a “práctica chantaxista das multinacionais” criticamos a privatización de Alcoa por un Goberno do Partido popular igual que as eléctricas, INESPAL con máis de 12.000 de pesetas de beneficio, nos dous anos anteriores a súa venda, e Alcoa nunhas condición que supuxeron máis de “456 millóns de euros de perda para o Estado” e por riba incumprindo todos os compromisos condicionados á compra.

Sabe que fai Alemania ou Francia para abaratar a electricidade,dixo Jorquera, desgranar do Mix eléctrico as fontes de xeración e pagar polo custe real e sabe que fan vostedes, “fixar o prezo pola fonte de xeración máis cara que entra no pool” e repercutir as peaxes no consumidor. A xuízo do parlamentario, “todo para engordar ás eléctricas”, concluíu.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG