O candidato nacionalista á Presidencia da Xunta, Francisco Joquera apela en Ourense á responsabilidade da cidadanía para lograr unha Galiza soberana e con capacidade de decisión fronte ás políticas de recortes do Partido popular
No acto de presentación das liñas programáticas coas que o BNG concorre aos comicios galegos, celebrado hoxe en Ourense, o candidato á Presidencia da Xunta, Francisco Jorquera afirmou que o vindeiro 21 de Outubro Galiza decide recuperar as súas competencias e poder exercer o autogoberno ou seguir coas políticas de Feijoo e Rajoy con máis recortes e menos capacidade para decidirmos o noso futuro.
O candidato esbozou, ante numeroso público, os eixos da política do BNG desde o convencemento de que o 21 de outubro o pobo galego pode poñer fin ao peor Goberno que tivo Galiza e tamén poner un dique as novas políticas de recorte que prepara o Goberno de Rajoy.
Feijoo non acompaña a Rajoy en Ourense
Para Francisco Joquera Feijoo foxe de Rajoy a pesar, de seren ao longo deste tempo o seu fiel escudeiro e actuar como o delegado do Goberno en Galiza pero agora, dixo, a sociedade galega xa sabe que votar Feijoo e votar Rajoy e esa é a causa, explicou, da ausencia de Feijoo no acto de Mariano Rajoy en Ourense.
Neste sentido, engadiu que se Feijoo gaña as eleccións galgas, o Partido popular sentiríase lexitimado para actuar cunha ofensiva de recortes brutais que o único que están a conseguir é agudizar a crise económica e empobrecer as maiorías sociais, votar a Rajoy e votar Feijoo en Galiza, manifestou.
O 21 de Outubro está en xogo o futuro de Galiza
Para o candidato do BNG á Presidencia da Xunta, existen moitos datos que evidencian que a dereita, Partido popular e poderes políticos, sérvense da crise como pretexto para implantar o seu modelo, un modelo, dixo, que conduce a acentuar o reparto inxusto da riqueza, desmontar o estado do benestar e incrementar o centralismo
Joquera insistiu na necesidade dun cambio de goberno en Galiza na liña de acadar máis aoutogoberno e soberanía ao fin de que os galegos e galegas poidan decidir o seu futuro naqueles foros onde agora, dixo, ninguén defende os nosos intereses.
Si o 21 de outubro cambia o Goberno, o BNG recurrirá a reforma educativa por inconstitucional e invasiva de competencias
O candidato criticou a nova reforma educativa e cualificou o novo proxecto de lei de elitista, segregacionista por escalas sociais e xéneros e centralista que invade competencias autonómicas para facer viable un modelo retrogrado de ensino que o Partido popular quer implantar.
Si o 21 de outubro cambia o Goberno, o BNG recurrirá a reforma educativa por inconstitucional e invasiva de competencias engadiu.
Jorquera reiterou que as políticas de recortes só conducen a máis recortes polo que abogou por acadar máis soberanía para Galiza para que non aconteza o que pasa en Grecia, Portugal e tamén no Estado español.
Liñas programáticas
O candidato nacionalista defendeu un cambio radical nas políticas económicas para xerar traballo en Galiza a través das grandes capacidades produtivas mobilizando recursos públicos, unha reforma fiscal contraria ás políticas fiscais da dereita lesiva para os autónomos, traballadores e traballadoras e clases medias mentres decreta amnistías para os defraudadores, un novo modelo de financiación para Galiza de recadación dos seus impostos e a creación dun Banco público galego destinado a potenciar os sectores produtivos.
As políticas de recortes só conducen a máis recortes
Jorquera concluíu asegurando que fortalecer os servizos públicos significa apostar polo emprego, os servizos públicos contribuen a xeración de postos de traballo e dende o BNG, dixo, revisaremos os concertos coas empresas privadas que están privatizando o noso ensino e sanidade.
Tereixa Paz reclama soberanía para Galiza
Pola súa parte, a cabeza de lista do BNG pola provincia de Ourense, Tereixa Paz afirmou que Galiza precisa rachar cun sistema de financiamento ideolóxico do Goberno do Estado que persegue perpetuar a crenza de que os galegos somos pobres, precisamos soberanía para dárlle a volta a ese sistema e responsabilizarnos dun sistema fiscal xusto para que pague máis quen máis ten.
Paz defendeu un cambio de goberno o 21 de Outubro porque Galiza é unha nación que cumpre todos os requisitos, territorio, lingua, cultura e economía propia e como tal, afirmou, ten dereito a exercer a súa soberanía para que non teñamos que emigrar.