O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, estivo esta mañá na manifestación estudantil contra o modelo educativo do PP, convocada por diferentes organizacións nacionalistas, entre elas, os Comités, CIG ensino e Galiza Nova. Alí estiveron tamén o portavoz municipal, Rubén Cela e os membros da Executiva Nacional Rafa Vilar e Ana Pontón.
O portavoz nacional afirmou que o BNG está en contra dese novo intento de facer unha lei de Educación, da lei Wert, esa LOMCE que o único que pretende é privatizar o ensino e españolizalo máis.
Estamos ante un proxecto absolutamente infumábel que debe ser retirado ao bául dos recordos, continuou. Nese sentido, Guillerme amosou o total apoio do BNG ás mobilizacións de estudantes ante este intento de impor unha lei de educación regresiva.
Minutos antes, o Secretario de Organización de Galiza Nova, Roi García, avaliaba de xeito moi positivo a xornada de folga que cualificou de masiva no noso país e afirmou que ante esta resposta do estudantado o PP vai ter que rectificar e retirar a LOMCE, así como a dimisión do ministro Wert.
http://youtu.be/qaX66VOMLWM