A Fundación Galiza Sempre renova padroado e reforza o seu papel de análise da realidade do País

FGSNovo padroado da Fundación Galiza Sempre con significativas incorporacións do ámbito académico e social co obxectivo de reforzar o seu labor de análise da realidade política, socioeconómica e cultural do País, que permita aportar propostas que contribúan a resolver os problemas dos galegos e galegas e camiñar cara a soberanía de Galiza.

A fundación, vinculada ao BNG, pasa a estar presidida polo que fora portavoz nacional da formación, Guillerme Vázquez, e terá como vicepresidenta a Ana Luísa Bouza, e como director-xerente a Xavier Campos, dun total de catorce membros, entre os que tamén figuran o escritor e ensaísta Suso de Toro, a economista María do Carmo García Negro especialista no sector pesqueiro, o historiador e promotor da revista Murguía, Uxío Beográn Diéguez, Luísa González, presidenta do Observatorio da Mariña pola Igualdade, Rubén Lois, catedrático de Xeografía da USC, e Mar Pérez Fra, profesora de Economía Aplicada na USC e experta no sector agrario.

O padroado complétase coa presenza dos membros da Executiva nacional: Bieito Lobeira, secretario de Organización, Goretti Sanmartin, secretaria de Acción Municipal, Ana Miranda, secretaria de Política Internacional, Nestor Rego, secretario de Iniciativas Políticas e Rafa Vilar, secretario de Acción Social.

En palabras do electo presidente da FGS, o padroado é “o grupo de persoas que vai dirixir a entidade vinculada ao BNG aínda que desenvolve o seu traballo de xeito autónomo e ten como obxectivo fundamental analizar a realidade socieconómica, política e cultural desde unha perspectiva nacionalista, difundir a historia deste País e promover o espazo da lusofonía”.

Ademais do padroado, a FGS terá pronto novas incorporacións que contribuirán a reforzar o papel da entidade como fornecedora de análises e de ideas que contribúan a solucionar os principais problemas do país, en particular os que afectan aos sectores produtivos, sistema financeiro, laboral e, FGS 3en xeral, para dar alternativas ás políticas de recortes de servizos públicos e de dereitos individuais do PP.

O portavoz nacional, Xavier Vence, transmitiu os seus parabéns aos membros do novo padroado, aos que agradeceu o seu compromiso co País, aportando os seus coñecementos nos diversos ámbitos académicos e políticos ao servizo de Galiza.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG