FEIJÓO: STOP CORRUPCIÓN

O portavoz do Grupo parlamentario do BNG volveu reclamar hoxe do Presidente da Xunta “medidas contra os cargos do Partido popular” imputados en casos de corrupción

A través da pregunta ao Presidente da Xunta, Francisco Jorquera acusou ao Presidente da Xunta de aplicar o vello dito xornalístico “que a realidade non estrague un bo titular” ante a súa negativa a explicar con “responsabilidade política” os casos de corrupción.

Neste sentido, o deputado lembrou que foi o propio Presidente da Xunta quen manifestou na Cámara galega a súa intención de “perseguir todas aquelas accións dos cargos do Partido popular que usen a política para lucrarse”.

Para o nacionalista, a actitude de Feijoo redúcese a “preservar a súa imaxe como posible sucesor de Mariano Rajoy”, e por iso négase a perseguir a corrupción.

Casos de corrupción en Galiza dos que Feijóo non quere falar

Ante a multitude de casos que salpican ao Partido popular, tamén en Galiza, Jorquera afirmou que na sociedade hai “alarma e indignación” e o Presidente da Xunta segue “botando balóns fora e facendo que non se entera” como xa fixo na pasada sesión de control.

Trala resposta do Presidente da Xunta negando que exista corrupción no Partido popular e cargos implicados, Francisco Jorquera enumerou entre outros a: José Luís Baltar imputado por presunta prevaricación continuada, o delegado da Xunta en Ourense candeado por defraudar fondos públicos, os alcaldes populares de Santiago, O Carballiño, Baltar, Fisterra, Mazaricos, Barreiros, Muras, O Pino, Abegondo imputados por “presuntos delitos” relacionados coa corrupción, o alcalde de Barbadás investigado pola Axencia Tributaria despois de admitir “un pequeno desequilibrio” de ingresos por máis de 200.000 euros, o alcalde de Portas por delito fiscal. A pesar de todo isto, dixo vostede “sempre mira para outro lado, parole, parole, parole”.

Feijóo só comparece na Cámara por obrigación

O voceiro do G.p do BNG criticou que Núñez Feijoo non compareza na Cámara galega, agás de maneira regrada, e explique con claridade que quere dicir cando manifesta que casos como o de Bárcenas, prodúcenlle “repugnancia”.

Jorquera explicou que a Audiencia nacional acaba de vincular a o ex-tesoreiro do Partido popular coa trama Gürtel e nesta relación a peza central é “o Partido popular de Galiza” por presunta financiación ilegal dos actos de campaña entre 1997 e 1999 entregando “21 de millóns de euros” a Sede do PP en Génova, “algo terá que dicir R.Feijóo”, inquiriu.

O deputado preguntou qué “medidas reais” vai adoptar o Presidente da Xunta para “perseguir a calquera cargo do Partido popular que use a política para lucrase.

Ante as explicacións de Núñez Feijoo negando a súa responsabilidade nas cuestións referidas polo parlamentario do BNG, Jorquera considerou que en calidade de Presidente do Partido popular en Galiza debe aclarar a “ contabilidade” , mesmo dun período anterior, “non eluda a súa responsabilidade”, dixo o deputado.

Jorquera concluíu a súa intervención afirmando que o Presidente da Xunta caracterizase por “non dicir nunca unha mala palabra nin facer unha boa acción, parole, parole, parole...”

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG