Feijóo esquiva a pregunta de Jorquera sobre o espolio do aforro galego

Francisco Jorquera exisiu  a Pilar Rojo  mesmo trato para todos @s parlamentari@s e lembra que na sesión plenaria de onte retirou a palabra e expulsou da tribuna á deputada Ana Pontón de maneira inxustificada pero non se comporta igual co Presidente nen cos paralamentarios do Partido popular

Pleno- Na quenda de preguntas ao Presidente, o portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera requiriu unha resposta sobre as actuacións do Goberno galego para evitar o espolio do aforro en Galiza, resposta que unha vez máis, Feijóo esquivou cun relato da historia das Caixas galegas.

Ante a negativa a responder á pregunta formulada, o nacionalista esixiu da Mesa do Parlamento o mesmo trato para tod@s os deputad@s e aludiu ao acontecido onte coa deputada nacionalista, Ana Pontón expulsada da tribuna por Pilar Rojo tras interpelar ao conselleiro Agustín Hernández sobre o accidente ferroviario en Angrois por considerar que esa cuestión xa fora debatida na proposta do BNG e AGE para crear unha Comisión de investigación vetada finalmente polo Partido popular.

Na súa intervención, o parlamentario afirmou que Galiza está nunha situación límite provocada pola “marea negra das políticas do PP”.Perdéronse 33.000 empregos e afiliados á Seguridade social no último ano e os dados do Banco de España sobre a concentración do sector financeiro no Estado Español, reflicten que “só o 3,39% do crédito beneficia a empresas ou familias galegas, a metade do que nos correspondería por poboación”, esta é a realidade que estamos a vivir, dixo.

Venda a prezo de saldo de NCG Banco

O parlamentario tamén se referiu ás consecuencias da venda de Nova Galicia Banco que concede o 60% do crédito en Galiza e volveu preguntar qué pensa facer o Presidente da Xunta, si entende o seu cometido ou simplemente agarda o que outros decidan?, “aínda que a min no me guste, dixo, vostede é o Presidente de Galiza e ten responsabilidades”, xa que tamén era presidente cando se liquidaron as caixas.

Parécello normal que despois de destinar 9.000 millóns de euros de recursos públicos para sanear a entidade sexa vendida a prezo de saldo?, preguntou o deputado, a quén quere enganar, Sr. Feijóo afirmando que a venda é necesaria para que os contribuíntes recuperen o seu diñeiro?.

Neste sentido, acusou a Feijóo de “socializar as perdas e privatizar os beneficios” e negou que a estas alturas exista unha garantía de galeguidade da entidade cando pode ser mercada por un Banco español e un fundo americano.

Jorquera criticou que o Goberno español lle outorgue carácter sistémico a BANKIA o que impedirá a súa venda e non utilice o mesmo argumento para a entidade galega a pesar de ser sistémica para Galiza, “vostede dixo, non defende os intereses galegos porque está ao que decidan en Madrid, quizás aínda espere facer carreira política alí e por iso non quere incomodar aos poderes financeiros”.

O nacionalista rematou a súa intervención afirmando que “Galiza necesita Soberanía e capacidade para decidir por si mesma para que ningún decida por nós o destino do noso aforro e para que non decidan por nós os Sres. Botín ou Fainé”.

 

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG